Tardei en durmir. A miña cabeza en ebullición. Necesitarei bastante tempo para poñer en orden todas as ideas que florecen nestes meses. Coma sempre, centos de plans pelexan por ser levados a cabo.
O sol brilla alto. Recollo as maletas. Despídome de quen foi a miña familia aquí.
Collo o avión a Filadelfia. Bordea Manhattan polo norte. Podo observar a cidade en perpendicular. Parece unha fábula ao lado do mar. Unha construcción imposible. A moderna babel que quixera erguérse ata o ceo.
So long Manhattan.
Estou en Filadelfia. Mañá chego a casa.
Final da viaxe.
Mañá cumpro 34 anos.
Toda unha vida para envolverme nela me agarda.
New York you´re perfect, please, just don´t change a thing.
Hace 11 meses
bravo polo blog
ResponderEliminarten momentos realmente emocionantes
saudos e espero que nos contes moitas mais experiencias en vivo
apertas e feliz cumple
Que chulo!!!
ResponderEliminarEncantáronme as túas aventuras, como as cartas do tío matt ós fraggle, ja,ja.
Agora toca escoitalas acompañados dunha copa.
Moitos bicos e moi feliz cumple.
Voy a echar mucho de menos este blog...
ResponderEliminarBicos