martes, 17 de marzo de 2009

11/03/09

Dia absolutamente gris.
Quedo con Montxo e Paula despois de clase diante do MET. Elas queren ver garitos pijos pola noite. Nos iremos a un concerto.



Paseamos a traves dun Central Park cuberto por unha tenue choiva. A estatua de Alicia, de novo o imagine e os Dakota Apartments.

Decidimos comer nun BBQ tipico americano. Aqui as racions de comida son descomunais. Non comen, engolean. Este lugar e un bo exemplo, perfecto para conhecer a relacion obsesiva dos americanos coa comida: servennos unhas racions xigantescas de carne, polo, costilletas e patacas, banhado en cantidades inxentes de salsa. Costanos traballo comer todo.



Despois da comida caminhamos ata Columbus Circle, os acompanho ata o hotel e diriximonos de novo ao Cake Shop.
Cake Shop e unha pequena sala de concertos no Bowery. Ten fama de programar as mais emerxentes bandas do panorama indie americano. Na entrada, no piso superior, tenhen unha pequena cafeteria, tenda de vinilos e CD's e tartas. Si, mezcladillo.


Na parte de abaixo esta a sala. Non e moi grande, eu diria que entran como moito 150 persoas. Hoxe hai un programa de 3 grupos de noise/shoegazer. Por tan so 7 $ tes a oportunidade de ver a 3 bandas.
Tocan Black Swan Green, Ringo Deathstarr e the vandelles. Encantanme as tres:
amigos do shoegazer, buscade nos myspaces.
Saio encantado. I'm in love with the noise.

2 comentarios:

  1. Te lo estás pasando ... pipa. No vas a querer volver ...
    Bicosssssssssssss!!!!!!!!!
    Lina:)

    ResponderEliminar
  2. Joder, qué depresión... Parece que pasaron mil anos...
    Levo tres días nas nubes, so son capaz de pensar e repasar mentalmente todo o que fixemos.
    Disfruta por nós! E exprime ben o que che queda que a volta vai ser dura...
    Biquiños.

    ResponderEliminar