sábado, 31 de enero de 2009

29/1/09

FAI SOL! E frio, pero soportable. Voume ao Lower Manhattan.
Percorrin as ruas ateigadas de turistas xaponeses que rordean Wall St e a Bolsa.



O muro


As ruas non son tan grandes como parecen na tele, asi que tellen algo que as fai mais acolledoras. En xeral esta oparte de Manhattan ten a feitura das cidades europeas (con eses rascaceos xigantes, pero mais europea). Foi o primeiro asentamento da zona, os holandeses ala polo principio de seculo XVII. Aqui sintese o tempo incrustado na pedra.


A Bolsa

Agora que o penso, o peso das nosas cidades non e mais que tempo incrustado en pedra. En nos mesmos.




No LOwer Manhattan

En fin,... que existe certa diferencia entre esta parte e o Upper Manhattan. Aqui esta tamen a Trinity Church, que foi a primeira igrexa de Manhattan, cun campo santo de mais de 300 anos, con esas lapidas tan tetricas espichadas na herba.
Siniestraco.



O cemiterio


Resulta impactante ver unha igrexa asi, cun cemiterio asi, e pegados rascaceos xigantes.
Cidade de contrastes NY.

A estatua no medio do mar.Caminhei ata o borde do oceano, marabillei de novo coa ponte de Brooklyn (esta vez desde abaixo), e caminhei ata que a estatua da libertade apareceu ante os meus ollos. Irei a visitala cando non vaia tanto frio. Tamen irei a Staten Island no ferri. Agora seguirei caminhando por este precioso paseo que bordea o rio ata chegar ao WTC.


A estatua


Brooklyn Again

A xente impresionalle moito o buraco das Torres xemelas. Todo aquelo deixou unha importante pegada nesta cidade.

ROCK AND ROLL HALL OF FAME. De novo no Soho. Fun ao Rock'n'Roll Hall of FAme. Demasiado para guiris: guitarras firmadas, autografos de Mick Jagger e Paul Mcartney,... comprei unha camiseta do CGCB ( o mitico club que veu crecer aso Ramones e a Blondie) por 40$ (este si que e un prezo punk, cabrons!). Non visitei o museo. Definitivamente ver o autografo de Tom Petty nunha stratocaster non e algo que me impresione. Agora si, podias comprar un grammy que lle deron a Jonnhy Cash no 69 por 125.000 $.

Comprei 2 libros (tenho que ler moito en ingles): "The Brooklyn Folies, de Paul Auster" , recomendacion directa de Tio Moncho e "Please kill me:the uncensored oral history of punk", que no seu inicio fala da Velvet, e me fai moita gracia reconhecer os sitios de NY dos que falan.

Manha comeza a fin de semana!

Moitos bicos.

28/01/09

IT's Rainning AGAIN
Hoxe non vai frio. Todo esta nevado e comeza a chover. Diluvia. Cando digo que non vai frio me refiro a que estamos a -1 ou 0 graos.

Novo dia de clase, onde discutimos sobre a editorial do NY Times sobre Obama. Nada especial pero quero aproveitar para contarvos como se vive aqui a chegada de Obama ao poder. Non sei no resto de USA pero en NY, Obama e Barack Skywalker e acaba de liberar ao mundo da tirania do escuro e malvado Darth Bush. A rua esta chea de tenderetes con camisetas, cuncas, chapas, gorros,... coa cara de Obama, o "Yes we can" e o "Yes we did". Sinten que van recuperar a boa imaxe que nunca deberon perder ante o resto do mundo. Gustariame recordarlles a Kissinger e a politica exterior americana nos ultimos 50 anos, o apoio a grupos fascistas en latinoamerica, a implicacion en centos de asesinatos politicos,... E que eso, non lles vai as ser moi facil de cambiar. But you know,... stranger in a strange land, so I shut up.





Tipica alcantarilla da que sae unha fumarrada

Como chovia tanto decidin voltar a casa. Pola noite ia ir ao concerto duns que conhecin por internet: madre del amor hermoso! Que malos eran! Que pinta de pringados!... vamos que me sentei por ali, me tomei unha birra e botei a correr. Definitivamente este non e o NY que quero ver. Bastante mediocridade hai xa no mundo.




A choiva en NY

Boas noites meus amigos, rebeladevos contra a mediocridade que vos rodea! Que as vosas vidas sexan excepcionais!

27/01/09

UN MUSEO. Volveron baixar as temperaturas. Decidin que hoxe seria un dia de museos: O Guggenheim.
Escribo esto desde a cafeteria do museo. Gustame o edificio, sobre todo a estructura interior, que e coma unha galeria helicoidal arredor dunha boveda que permite ir subindo a traves de anchos pasillos onde se atopan os cadros das exposicions itinerarias. En cada nivel hai unha galeria (entre elas unha adicada a Kandinsky). A itineraria era sobre a influencia da escritora asiatica na pintura americana. Non estivo mal, pero non me sorprendeu demasiado.




O Guggenheim


En cada galeria hai unhas zonas de descanso, que fan esquina e desde onde se ven unhas vistas de Central Park incribles. Pasei un bo cacho ali sentado.
A coleccion permanente do museo decepcionoume un pouco. Ademais estaba en obras e tinha 2 pisos pechados. Habia unha performance que consistia en 20 micros a puntando a dous bloques de xeo e asi escoitar como se derreten (metafora do efimero?, vai ti a saber). Observando un Pollock, miro a meu lado e vexo a un tipo sumaente guapo. Pego un respingo e decatome que e Jude Law, cos seus fillos. Si chicas, guapisimo (agora que me lembro creo que esta rodando aqui, en Brooklyn, a nova adaptacion de Sherlock Holmes).



A lagoa conxelada


Decidin voltar cara a 5 Av. caminhando por Central Park. Un pouquinho mais abaixo do Guggenheim esta a lagoa mais grnade do parque. Lembreime de cando Holden Caulfield lle preguntaba aos taxistas se sabian a onde ian os parrulos do lago cando este se conxelaba. Ninguen o sabia. Eu tampouco.

jueves, 29 de enero de 2009

26/01/09

A MINHA CLASE. Hoxe si que pasaron un mundo de cousas. Vamos pouco a pouco. Foi o meu primeiro dia de clase. Non habia ningunha das persoas que fixeran o exame comigo. Ainda que vos contei que habia 9 niveis as clases se dividen en dous: avanzado e principiante. Estou no avanzado, pero con xente que fala ingles case perfecto. Voume ter que esforzar moito. Estou entre os que peor falan.
A minha profe e Molly McGrath. Lembrades aquela profe de literatura e lingua que se desvivia polas preposicions e pensaba que o obxeto directo era a cousa mais marabillosa do mundo? Pois esta e igual pero en yanqui. Imaxinadevola como a superabuela da gramatica inglesa que me axuda co meu ingles: just lovely.
O resto da clase: unha francesa (un pouco conhazo parece), unha brasileira, unha italiana, unha koreana, unha xaponesa, un italiano, un brasileiro e un vietnamita (joder, parece un chiste).



A onde van os patos de Central Park cando se conxela o lago?

En fin... no mesmo plan ca min so estan os italianos, o resto ou traballa ali, ou esta coa familia vivindo,... e todos artistas, que se fotografos, que se musicos,... Eu por suposto, artista tamen.
A clase non estivo mal, ten pinta de que vai a estar ben. Forzan-nos a falar moito entre nos asi que tenho que espabilar.
Creo que ponherei a caldo a varios dos meus companheiros aqui.

COMO? FIN DE ANO? Pois si, fin de ano,...pero chino. Hoxe e o fin de ano chino, e como non, se celebra en Chinatown. Vamos para ala.
Chinatown se chama chinatown porque esta petada de chinos, a saber, tropecientos mil chinos atiborran aquelo. Ou son moitos, ou se moven a toda hostia. Todos parecen iguales e aquelo esta petado. Pero petado. Creo que non caben mais.
A festa do fin de ano chino semellase ao noso entroido: todo o mundo pola rua de cachondeo tirando papeluchos e confeti. Lanzan os papeluchos cuns botes e saen disparados cara ao aire (os flamin lips tenhen que comprar os seus botes aqui seguro). Imaxinadevos a centos de chinos tirando papeluchos: aquelo estaba totalmente cheo. Creo que non cabiamos mais. E claro, todo o mundo cunha camara de fotos.
A celebracion consiste en que uns dragons van desexandolle boa sorte a todos os locais da zona (como hai poucos a cousa dura 20.000 horas, claro). Os dragons soen ir 2 ou 3 a vez, bailan diante da porta de cada local unha danza ritual: tenhen que atrapar unha leituga ou repolo que ten colgadas unhas tarxetas de boa sorte ao ritmo de tambores.



Dragons comendo repolo

E moi chamativo, porque os disfraces dos dragons estan feitos de cores moi intensas, ao igual que todo o barrio: bermellos e dourados, amarelos e azuis,...
En certo momento lanzan uns cachos de tela que son simbolo de boa sorte (estes chinos o flipan co da boa sorte). Quedan suspendidos no aire, como se tiveran un paracaidas e a xente os persegue entre a multitude intentando atrapar un pedacinho. Pois ben, eu ia tan tranquilo por un ladinho cando me caeu un nas mans, Levoo de recordo. Good luck this year!
Despois fun a Little Italy, que esta pegada a Chinatown. Bueno, ao lado,...ummm o de little Italy creo que pasou a mellor vida. Na actualidade esta practicamente absorvida por Chinatown. Permanecen alguns establecementos ao longo das ruas que no seu dia deberon ser as mais importantes. Xa sabedes, sobre todo pizzerias. Tomei a minha primeira pizza neoyorquina. Estan deliciosas. En serio. Non se poden comparar as que comemos ali,... aqui..., vamos na casa.
Volvin ao Soho (quedaba moi cerca) pero con intencion de comprarme unha chupa de abrigo, pero ah! cousas da moda, estamos en primaveira, e todo o que molaba era de entretempo. Outra vez sera.
Son as 6. Vai moito frio. Volvo a casa.
Bicos.

25/01/09

I REMEMBER YOU WELL AT THE CHELSEA HOTEL. Decidin percorrer Chelsea a manha do domingo. Non esta mal, pero me gustou menos co Soho. Ten menos vida. Pode ser que influa que e domingo a manha, pero creo que non, que simplemente e mais aburrido.
Pasei por diante do mitico Chelsea Hotel, onde se hospedaba Tom Wolfe e outros escritores, e onde Cohen se tirou a Janis Joplin, e fixo unha cancion sobre a mamada que esta lle fixo ali (que cachondo el chaval, poeta lle chaman, vaia cara...)


The Chelsea Hotel

De volta parei a tomar unha hamburguesa nun bar tipico dos 50 que atopei na rua. Lembradesvos do bar "regreso al futuro", pois era igual: taburetes granates, jukebox, camareiros de branco cun gorro ladeado con bandas rosas, batidos de cocacola con vainilla e claro, musica dos 50. Mentras escribo esto estan ponhendo o Runaway de Del Shannon. Estou encantado dandolle ao pe: and I wonder, I wa, wa, wa, wa wonder!!!



VILLAGE PEOPLE? Visitei o East Village. Creo que hai unha gran diferencia entre o east e o west. Creo que o west esta mellor. Xa vos direi. Aqui tamen hai moita xente xoven (hai moita xente xoven nesta cidade).
A zona e curiosa: nas esquinas dos edificios hai como pequenos xardins privados, pechados con verxas, que deben ser comunitarios. Alguns estan decorados das formas mais extranhas, con bonecos, figuras de metal,...Tim Burton canto mal lle fixeches ao mundo!
Manha comezo as clases.
Sigo mosqueado polo de onte. O de non ir a festa e todo eso. Non podo perder estas oportunidades. A ver se nos proximos dias recupero as ganhas de escribir mais.
Kisses.



Cando saio pola manha, todo esta nevado

martes, 27 de enero de 2009

24/01/09

24/01/09
O FRIO
. O peor dia sen dubida de frio. Realmente non e o frio o peor, e o aire glacial que sopra. Imaxinadevos centos de diminutos alfileres cravandose-vos na punta dos dedos. Pois ben, asi de frio era o ambiente hoxe.

O Radio City Music Hall

O SOHO. Sain a tarde a pasear polo Soho. Hai centos de tendas nas que quixeras comprar polo menos 20 cousas. Volveste tolo. Nun arranque de sentidinho, non moi normal en min, decidin so mirar, xa terei tempo de comprar, pero xurovos que e dificil conterse.
Gustame moito o barrio. De momento e o que me parece mais acolledor: o ambiente e moi agradable e con vida, igual que en todo NY, as casas son de de 3 ou 4 pisos, coas escaleiras anti-incendios por diante, e esas entradas cunha pequena escaleira de 4 ou 5 escalons. Gustanme sobre todo as que estan pintadas de azul oscuro e de bermello-granate. Algun dia adicarei o blog a arquitectura da cidade. E moi interesante.


En Times Square.

O INDIE QUE SE RENDEU AO FRIO
.
Pola noite ia ir a festa indie no Fontanas, no East Village. E digo ia porque finalmente non fun. Cometin un erro de principiante neoyorquino: chegeui ao sitio unha hora antes, xa morto de frio, despois de pasar toda a tarde polo Soho. Comecei a caminhar, tomei cafe, pero o frio se me agarrou ao corpo moi forte. Decidin voltar a casa. So pensaba nunha cama quentinha.
Habera mais dias. Ainda que me da un pouco de pena. Non escribirei mais hoxe. Marcho un pouco decepcionado para cama. Joder, tenho que ser mais listo co frio.

sábado, 24 de enero de 2009

23/01/09

Times Square. Hoxe levanteime con animo de turista. Fun directo a Times Square. O frio doume unha tregua e en vez de conxelar ata os huevos hoxe so fai un frio de carallo. Bo comezo do dia.
Times Square e o equivalente a porta so Sol de Madrid. Pero “a lo bestia”. Esta cheo de neons e anuncios enormes que inundan fachadas de todolos edificios. Estan tamen os anuncios dos musicais de broadway (que pasa por Times Square), e hai turistas por todolos recunhos. Invadeume unha febre tira fotos e non parei de apuntar en media hora.


Times Square

Fun ao MOMA, pero non entrei. Deixoo para mais adiante. Fixome gracia que na porta habia postos ambulantes onde vendian guions das pelis emblematicas de Hollywood: en folios fotocopiados, sen encuadernar, totalmente caseiro.
Subin ata o “Carnegie Hall”, o sitio mitico de concertos (mais de clasico que de rock, pero “The National” tocan en marzo asi que me pasarei a velos).
Volvin a Broadway e caminhei ata Central Park. Esta totalmente cuberto pola neve asi que o picnic tera que esperar. Fun ver o “Strawbwrry Fields”, o pedacinho de parque adicado a Lennon, e vin o Dakota Apartment, onde se filmou “La semilla del Diablo” de Polanski e onde se cargaron a Lennon. Habia xente homenaxeando ao beatle depositando flores e o que suponho serian poemas ou cartas.
Crucei de novo Central Park cara a 5 Av, e estou escribindo esto xa na escola. Tenhjo que recoller o resultado do exame.
Os niveis de ingles van do 1 ao 9, sendo o un o mais baixo. Estou no 7. Creo que deberia estar no 8. Me dixeron que se o necesito me cambian. Ben.


Times Square 2

Brooklyn. Sain da escola e quedei con Amylu en vernos as 9 en Brooklyn. Quero ir antes a inspeccionar a zona, non quero chegar ali con mapa e cara de pringado.

Broklyn non e Manhattan. Notase que e moito mais pobre, pero esta cheo de xente xoven. Respirase un ambiente xenuinamente underground. E o NY que quero vivir. O que non sae nas guias.
Volverei a casa a cear e volerei a Brooklyn. Esta vez a vivir a noite.

Indie en Brooklyn. Quedei con Amylu nun restaurante de Brooklyn chamado SEA para cear Thai (comida thailandesa). Cheguei un pouquinho cedo para dar unha volta pola zona e vela de noite. E coma Malasanha pero en NY, e dicer, a lo bestia: xente de todos os estilos e cores, xente xoven por todos lados, todo cheo de bares, pubs, discos, … Pola rua hai postos ambulantes de vinilos e libros, tendas de roupa de xovenes disenhadores,…
Encantame.
Amylu e encantadora. Pensei que era mexicana, pero non, e americana, o pai e espanhol e sabe un pouco do idioma, pero non moito, asi que tiven que falar en ingles toda a noite (ben!). Quedamos tamen cunha amiga dela para cear, Maria, que a pesar do nome e Americana. Maria e publicista de bandas indies aqui, e Amylu DJ e booker (como promotora de concertos). Aqui todo o mundo ten traballos nese plan, que tenhen que ver coa arte, a musica,… coa cultura. A xente ten 8 grupos, cada un dun estilo diferente: noise, garage, shoegazer, electronica,… todo se fusiona. Todo e arte. E incrible.
Ceamos no restaurante tailandes ao lado dunha pequena fonte con house soando de fondo. De puta madre, pero non vos imaxinades o esforzo para entender as conversacions. Falamos da vida en Espanha, da vida en NY. Vamos, que me eche el rollo. Xenial.
Ao rematar fumos a un concerto nun loft ilegal (aqui e normal, colles un loft, que e a tua casa tamen, e montas un garito para pagar o alquiler, se non te pasas non hai problema coa policia). Tocaban pous grupos: o primeiro un grupo braileiro tipo “Os mutantes” pero en version mais funky-psicodelica”, se chamaban as GArotas Suecas. Encantoume, moito ritmo e moi divertido.
O sitio como vos dixen, era un loft feito polvo, cun escenario diante e unha barra con birra e uns sofas ao fondo.Xente de todo tipo dentro. Petado. Moi punki e moi cool.
Despois do grupo brasileiro outro de Brooklyn, “Love triangle”, unha mistura de The Ex e B-52’s, cool-punki-retro-garage-noise. Tres tios e tres tias, 2 cantantes e unha baixista: tacaonazo e vestido mini. Namorado estou.
Despois nos retiramos a casa, manha toca festa.
Irei falandovos deste ambiente underground, de como sinten e viven a musica por aqui: non important os medios nin as formas, non importa o estilo. Tes algo que dicer? Eres bo? Sintelo con toda a tua alma? Noraboa, es un artista neoyorquino.
Manha de compras polo Soho e de festa polo Village.
Boas noites.

Central Park cuberto de neve

Bicos a todos.

22-01-09

O jet lag. Son as 6 da manha e os ollos coma platos. Quero durmir!

Manhattan. Sain con Mauricia (minha nai Americana). Levoume ata a casa onde traballa na 79 st. Imaxinadevos, un pisazo entre Central Park e Madison Av. Joder, e indecente o dinheiro que tenhen algunhas persoas.
Estou impresionado coa casa. Eu quero ser asi. Rico.
Vos tamen, non?
Sain e precorrin todo Madison Avenue: Prada, Chole, Versace, Tom Ford, Chanel, Bulgari, Gucci,… As mellores marcas de moda, as mellores galerias de arte,… unha riqueza tan impresionante como insultante. Non me gusta. Hai que velo, esta e a cidae, pero non volverei.
Chegando ao principio de Central Park morria co frio e me comprei o gorro mais feo de mundo. Un gorro Negro con orelleras, horripilante. Pero moi quentinho. So pensaba “ande yo caliente…”; pero non me convence, xa sabedes, antes guapo que coas orellas quentes.

O gorro mais feo do mundo e o Empire State

Caminhei durante 5 horas sen parar: o Empire State (non subin porque estaba nublado), Madison Square Park, o Flat Iron, a calle 14 (si a calle 14), NYU, Washington Arch, Washington Square Park, o Soho, o Village,…
Fun un pouco turista e tirei de camara. Ah! E primeiro famoso avistado: Julliette Lewis no Soho. Se me quedou mirando, creo que lle gustei,… pero levaba posto o gorro ese horrible, asi que, xa sei: minha pobre, asustouse!
Ah, e cheguei a ponte de Brooklyn. Ai si que me volvin tolo e tirei fotos coma bo guiri.

Con cara de parvo na Ponte de Brooklyn

Manha mais. Espero estar recuperado xa do puto jet lag.
Bicos.

21-01-09

NYC Skyline. Durmin 9 horas. Volvo a ter forzas. Hoxe farei a minha primeira inmersion en Manhattan. Tenho que facer a proba de nivel da escola. Xa vos contarei como foi. Antes quero explicarvos con mais de talle a vista de Manhattan de onte:
Filadelfia esta ao sur de NY. Bordeando a costa se chega dunha aoutra. Eu chegaba ao aeroporto de La Guardia, en Queens. Para aproximarme a el o avion sobrevoou por riba de Brooklyn, da ponte de Brooklyn. Esto facia que Manhattan quedara a minha esquerda e que de supeto, nun xiro do avion, a cidade estalara ante os meus ollos. Un muro de luces erguiase cara o ceo. Era a parte sur de Manhattan, onde estaban as Torres Xemelas. O avion moviase moito e non sairon as fotos. Unha pena.
Unha marabilla.

Primeiro dia en Manhattan: sain de Queens (a zona de NY onde vivo cos amigos dos meus pais) con Joselito (meu pai americano). Iamos ao Hunter College onde tinha o meu “placement test”, ou sexa, a proba que determina o meu nivel de ingles e por tanto en que clase me ponhen.
O primeiro que tedes que saber e que rompin o meu armisticio co frio. O moi carbon colleume desprevenido e golpeoume con tada a sua forza: joder que frio! Se te conxela ata a cara. Non e broma. Falas como se estiveras pedo porque non podes mover ben os musculos. As mans e as orellas decidiron deixar de pertencerme, xa non as sentia, e eso que ia tapado que so me faltaba levar unha bolsa de auga quente na cabeza! En fin…
Central Park esta nevado. Todo NY esta nevado. E precioso. Antes da proba din unhas voltas con Joselito polas cercanias do cole: Park Avenue, Lexington, a 5 avenida,… Pasei por diante da xogueteria que sae en BIG (FAO Schwartz), onde saltan enriba do piano que esta no chan.

Hai algo extranho que sentin naqueles primeiros minutos que pasei en Manhattan, e que corroboraria mais adiante: non me sinto extranho. Sinto que pertenzo.
Xa veremos que pasa con esto. Creo que e importante.

O exame. O Hunter College e unha universidade publica que eesta no centro de Manhattan. Son 3 edificios (north, east and west) comunicados por unha pasarela por riba da rua. Eu estou no “east”, o edificio de linguas.
Os meus futuros compis son case todo mulleres (ben!), e case todas asiaticas (ben!).
Todo o mundo moi concentrado en facelo ben. Eu mexaba por riba. Non de medo, eh!, de verdade. Joder, que mal. Na proba do listenng so escoitaba “pssss”. Creo que me puxen amarelo coma a China do meu lado.
En fin.. non me saiu mal. Creo que estarei nun nivel decente. O puto exame durou case 3 horas!
Ao sair do exame, Joselito foi a casa e eu din a minha primeira volta por Manhattan so. Tinha que voltar para a cea/comida que fan por aqui (xa vos explicarei como funcionan con esto), asi que tinha 3 horas.
Non tirei nin unha foto. Tinha sensacion de que xa estivera ali. Queria comportarme coma un New Yorker de pro.

Lower Manhattan desde a Ponte de Brooklyn

As avenidas son enormes, baixei por Lexington (onde Lou Reed esperaba ao seu home), Madison,… As ruas mais pequenas, 36 th, 38 th,… As avenidas van de norte a sur e as ruas de este a oeste: imposible perderse.
Non foi unha visita de turista, quero tomalo con calma, tenho moito tempo e quero que a cidade me resulte comoda, sentila como minha,… So caminh e observo a xente. Paso pola biblioteca publica, por tiffany’s, o edificio Chrysler,…
“tonight this city belongs to me,…”
Compro duas botellas de Merlot californiano, “The catcher in the rye” e “Wire”. Marcho a casa. Hoxe venhen cear os fillos da familia e non quero chegar tarde.
Manha sera realmente o primeiro gran dia. Estade atentos.

20-01-09

Primeiras letras. Obama sera proclamado presidente hoxe. O mesmo dia que eu chego a NY. Escala en Filadelfia (por aforrar uns euros, tocate os huevos). Ata o momento viaxe tranquilo. Estou a 2 horas de chegar a USA. Morro coa fame.
Filadelfia. Deronme un bocata no avion. Xa estou esperando o voo que me leva a NY. O aeroporto de Filadelfia: perfecto. Moi rapido e sinxelo, non tiven ningun problema nin na aduana nin en inmigracion. Penso que a xente esaxera moito con esto. Primeiras diferencias: as cores, os olores e a xente. Vou dar unha volta… ata os h… de estar sentado.

Aeoroporto de Filadelfia


Voo a NY. O voo a NY vai ser nun avion pequeno, dos que voan baixo, unhas 50 prazas, practicamente unha avioneta. Unha pena que se estea facendo de noite e non poda ver ben NY,… ou non, quizais coas luces a cidade sexa mais maxestuosa. Xa vos contarei.

Levo sen fumar 17 horas. Aqui son as 5 da tarde, ala as 12.

Debo parecer un autentico imbecil, mirando para todos os lados. Escudrinhando todo. Estou convencido de que alguen se ofendera e me partira a cara.

Fai frio, acabo de sentilo porprimeira vez subindo ao avion a NY. Pero e coma un frio de montanha. Glacial. Seco. Levareime ben con el. Firmaremos un armisticio.
Ainda non cheguei e penso continuamente en Bono. En como falaba de America no Rattle and Hum. Non me extranha. O mais grandioso e o mais miserable xuntos da man. Son cousas que normalmente non se poden separar. Cando leve mais dias falareivos da forma de vestir dos americanos. Quero ver como se modifican as minhas impresions a este respecto. E tamen das mulleres. Algo me di que me acabaran fascinando.

Non vos imaxinades o precioso que esta a resultar o voo. O avion voa moi baixo e vese perfectamente as luces dos coches e das casas das aforas de Filadelfia. Quilometros e quilometros de casas perfectas, simetricas, co seu porche e o seu xardin. Esta lixeiramente nevado.
A chegada a NY promete.

NY desde o aire

Son as 4 da manha. Levo 24 hortas sen durmir. Fixen 19 horas de viaxe. Estou morto e voume deitar. Antes quixera falarvos da minha chegada a NY. Non podia ser mais preciosa e sobrecolledora. Todo iluminado. Ardendo cara o ceo. O skyline encendido para min. A cidade centelleando me saudaba: Ola NY. Xa estou aqui.
Boas noites a todos vos.

lunes, 19 de enero de 2009

I´m leaving today...

Un, dous, probando...

Saio nunhas horas.