viernes, 6 de marzo de 2009

26/02/09

Viaxe a fin da noite 1.

Comeza o meu descenso as profundidas da noite neoyorquina. O xoves non queria quedar na casa. Comezo a sentir a inmediatez da minha marcha. Tento quedar con alguen pero non parece haber ninguen do outro lado. Hai un concerto no Music Hall of Williamsburg, en Brooklyn. Decido ir. Gustanme os teloneiros. Comeza o concerto e ao rato me chega un mensaxe. Un amigo me invita a ir a un local unhas ruas mais abaixo de onde esotu agora. Unha gran coincidencia sendo esto NY. Lle digo que estarei ali ao rematar o concerto. Aburreme a ultima banda asi que decido sair cara o outro lugar.


I'm in Brooklyn

Por fora, un local normal, dos que se contan por miles nesta cidade. Dentro atraveso un pequeno pasillo branco, con portas laranxas, e ao fondo unha pequena porta que se abre cara un novo espazo cadrado, de altas paredes, cheo de sofas castanhos que rodean unha pequena pista central da que colga un trapecio. Debaixo unha bateria e un micro.
Sentamonos nos sofas, reclinados cara atras. Esta cheo. Catro proxeccions de imaxenes cubren as 4 paredes. Pedimos cervexa. Comeza. Unha rapaza vestida a modo de paxaro, tan so cunhas poucas plumas que cubren o seu corpo encaramase ao trapecio. o bateria comeza a tocar un ritmo obsesivo, tribal. Redobla e escupe palabras a modo de mantra polo micro. A rapaza agabea polo trapecio. Sube, baixa, deslizase,... Impresionante.


En Williamsburg


Rematada esta sesion, retiran o trapecio e colgan unha enorme sabana do teito, a modo de hamaca, enganchada polos dous extremos. Unha rapaza colase dentro da sabana e comeza, a ritmo de musica dos 50, un espectaculo de burlesque. En movementos sensuais e moi rapidos, se move atraves da sabana colgada do aire. Aplaudimos.
Ao rematar vamos a outro local. No East Village. moi preto da casa. noite. E igual en todas as cidades.

No hay comentarios:

Publicar un comentario