Vivirei no corazon do mounstro este ultimo mes.
Sabia que esta semana comezaba todo.
A vista desde a minha fiestra, de dia.
Despois de ver o piso decidin mudarme manha mesmo. Quedo con Elvira e javier para comer comida cubana e pasar a tomar unha copa por un garito de rollo latino.
Ali atopamonos cunha amiga de elvira. convidannos a unha festa en Brooklyn. Ala vamos.
A vista desde a minha fiestra de noite
A noite e moi fria e tardamos en chegar ao sitio.
Basicamente o local e un galpon reconvertido en vivenda taller. Ao entrar, unhas pequenas escaleiras a esquerdfa levan ata unhas habitacions cheas de disfraces, maquinas e salas de costura. Esto vos pode dar unha idea do que esta xente fai: teatro-danza-prformance. A dereita, unha entrada con mobles barrocos tapizados en granate que daban paso a unha pista de enormes teitos sustentados por unha estructura de ferro da que colgaban gomas extensibles para facer acrobacias no aire.
Ao final, a cabina do Dj a modo de mesa liturxica. Tecno, house e electro. Tods preparados para bailar: modernos, perroflautas, retro 80's cool stuff,...
Todo un espectaculo.
Por certo, non hai alcool. Se queres beber traes a priba de casa.
Estes yanquis...
No hay comentarios:
Publicar un comentario