lunes, 30 de marzo de 2009

24/03/09

Saio a almorzar con Ruth. Vamos a comer cupcakes. Os cupcakes son uns doces coma madalenas, recubertos de crema. Camiñamos ata unha pastelería preto de Union Square. É de madeira decorada con xoguetes antigos, con divertidas mesas a modo de pupitres, con estanterías cheas de contos para nenos.


Despóis dun café e un cupcake de vainilla fago as últimas compras e volto a casa. Ás 3 ven Joselito a recollerme.
Ceo na casa con eles, Rosi e coas nenas, celebramos o meu cumpre.


Ás 8 decido sair a despedirme de Manhattan. Atópome con Bill Murray. Camiño sen rumbo. A cidade que agora tan ben coñezo semella desvaecerse a cada paso.
Volvo a casa. O metro sae á superficie nas 3 últimas paradas. Manhattan na distancia, parece despedirse de min. Parece susurrarme: ata pronto.

No hay comentarios:

Publicar un comentario