viernes, 13 de mayo de 2011

Lima

Lima se extende caótica e inabarcable desde o suave fin do océano ata as desoladas ladeiras da montaña. Para min, pobre europeo falto de misterio, a vida en Lima se desenvolve sen sentido: caótica e desmesurada, movida polo azar. Mais aquí saben a onde se dirixen, o sol lles pertence e nin ti nin eu poderemos facer nada porque eso cambie.
En Lima vin a lua devalar cara abaixo, vin edificios parar de crecer que semellaban dicir: "siempre hay tiempo para crecer, no se preocupe señor".
Lima é un deserto. Aquí non chove. Aquí o sol cúbrese de pó.
Vin a Lima rica e altiva de pisco, cebiche e lomo saltado. E vin a Lima que só ten orgullo e polo á parrilla para levarse á boca.
O Pacífico ruxiu ao meu lado suave e tranquilo, e me pregunto se o carácter deste pobo non estará marcado pola serenidade deste océano.
A xente ten a amabilidade tallada nas mans e dozura bordeando cada palabra. Certamente me sinto un bárbaro: eu que tanto teño, eu que tanto anhelo. Eu que nunca estou contento. Debe ser polo sol que nunca me pertenceu nin a min nin ao meu pobo.
Nunca observara o vestixio do colonialismo tan preto: a "Plaza de Armas", a praza principal de Lima é un maravilloso e grotesco exemplo de alguén que pensou que Sevilla e Lima non estaban tan lonxe. Pero a terra sempre impón o seu carácter e te sintes maravillado da loucura dos homes.
O arrecendo do océano se filtra por todos lados. Incluso cruza imparable a través das paredes do meu hotel.
Deixo o país co ánimo de que a próxima vez que volva me apartarei de Lima para buscar a profundidade salvaxe da selva peruana.
Eu quero subir un barco a unha montaña.
Eu tamén quero conquistar o inútil.

3 comentarios:

  1. My friend! Encantoume a túa descripción de Lima! Case case sentinme coma se pasease polas súas rúas... Eso si, lembra o que sempre nos contou o noso capitán sobre o Pacífico e o seu nome...

    Biquiños, coidate e vémonos polas rúas de DF!

    ResponderEliminar
  2. Gracias por ese paseo por Lima, quedámonos coa visita a "Selva peruana". bicos

    ResponderEliminar
  3. Te convertirás en un buen salvaje. Ese es el secreto.

    ResponderEliminar