martes, 24 de febrero de 2009

17/2/09

...e durmo, e durmo, e durmo.

16/2/09

E festivo aqui. O dia dos presidentes. My God!
Tenho un pe destrozado. O meu corpo me suplica descanso.
Fagolle caso e durmo, e durmo, e durmo.

15/2/09

Zzzzz.

Volvo a quedar con Maxi. Paseamos por un Central Park tan so iluminado pola tenue luz das farolas.

Central Park de noite


Hoxe tocan os Cabriolets aqui.
Vamos a velos.
Son boa xente.

O concerto dos Cabriolets

Quedamos apurando a cervexa con eles e nos invitan a ir a un exclusivo local do West Village.
Hai demasiada xente e non nos deixan entrar.
Regalolle a Bimba os discos de nadadora.
Ela regalame o dos Cabriolets.
- A ver se nos vemos por Madrid.
-Claro.

14/2/09


Lower Manhattan desde Brooklyn

Me desperto. Resaca. Quedo con Maxi. Correteamos polo Soho, polo Village e por Brooklyn Heights de noite.

Vamos a outra festa. Nos durmimos. Quedara ali cunha rapaza que conhecera o dia anterior. Non aguanto. Me durmo.


Brooklyn de noite

Marcho.
Zzzzzzzz.

13/2/09

Despois de clase fun caminhando ata o lugar do desfile. Era en Chelsea, nun centro de arte chamado o "Eyebeam", moi preto dos muelles do Hudson River. Maxi dixome que estivera ali sobre as 14:30, asi que ali estaba puntual, despois de comer uns slices de pizza.


Os preparativos do desfile


Estaban ultimando todo, e ali sentados agardando, estaba eu no medio dunha chea de aprendices de disenho que querian axudar a vestir as modelos.
Puxenme a falar con 2 rapazas e tireime o rollo e inviteinas ao after show da noite. En fin...


Un momento do catwalk

As modelos son altas. Ultra skinny. Quitalles encanto. Son tan asexuais que se me antollan elementos decorativos. Perfecto para ver. Non despertan desexo. Eles iguais, moi perfectos, moi guapos. Todos parecen enfermos. tipo: este o que necesita e un prato de caldo... Suponho que o desenhador queria este tipo de modelos rollo yonqui anorexico.
Pasada unha hora comezou a chegar a xente famosa e a posar no photo-call. Miguel Bose, Paloma Cuevas, a de TOUS, creo que a de Dover, Michael Stipe,... e mogollon de xente da que me sonaba a cara pero que non sei quen son.
Facia moita gracia porque despetaban certo revuelo entre os medios espanhois, mentras que o staff americano se encollia de hombros e se preguntaba quen carallo era aquela xente.


De festa

O desfile estivo ben. Algunhas prendas me gustaron mais que outras. Como sempre, menos es mas, e o mais simple foi o que mais me gustou. Tinha unha parte de estilo torero moderno que me horripilou.
En fin,...non quero extenderme, deixovos un link con fotos do desfile por si sentides curiosidade.
Ao rematar todo o follon, Mo, Maxi e mais eu fumos a comer algo e a esperar a Dario. Non quero saber o numero de birras que nos metemos entre peito e espalda para cando chegou Dario.
Imaxinadevos a escena cando chegamos a festa. Eran as 10 da noite, a medida que entrabamos e nos cruzabamos con xente, Maxi nos presentaba.
Por detrasd e min pasa Michael Stipe, enfrente Miguel Bose,... a xente vestida coo en fin de ano, de traxe longo e moderno. A xente comexaba a ateigar o salon, os arredores da piscina (non vos dixen que a festa era no salon con piscina do hotel de Maxi). Imaxinadevos o postureo. Barra libre.
A medida que o alcool baixaba e as horas pasaban aquelo colleu forza.
O grupo de Bimba Bose (The Cabriolets) puxose a tocar ao lado da piscina. Despois Dj's.
En fin,... non vos conto moito mais, que poden ler estos nenos e padres. Si, acabei na piscina, si, ao rematar a festa funme a outra, e si, o sol estaba alto cando cheguei a casa.
A medida que caminhaba a casa e observaba os meus pasos, sonreia e me repetia: manda carallo, ata en NY!

12/2/09


Fun as oficinas onde traballa Elvira. Unhas oficinas no alto dun ranhaceos, con vistas impresionantes, pola rua 23, mais ou menos.
Presentoume aos seus xefes e aos seus companheiros de traballo.
Elvira exerceu de fan de nadadora e puxolles a todos o video de "El Bosque" mentras eu intentaba disimular o roxo que ainda me ponho con estas cousas.
Fumos comer cerca dali.
Esta noite tenho duas festas, unha de Spanish Indie Pop e outra de despedida de Mo e Dario, cos seus amigos neoyorquinos. As 2 a mesma hora, asi que tiven que elexir e me decidin pola despedida.
Fomos a xogar aos bolos, a unha desas tipicas boleras yanquis xigantes. Entrabas a un enorme salon que a cada lado tinha unhas 10 ou 12 ruas para os lanzamentos. Como no "Gran Lebowski", cos zapatos de bolos, marcador electronico, eleccion de bola segun o tamanho dos teus dedos, ...


A ver se lle dou a algun bolo.

Servironnos de comer alinhas de polo picantes e bebimos cervexa. Fixen un strike.
Estabamos Maxi, Dario, Mo, uns amigos de Dario e Mo e mais eu.
Foi divertido.


La pandi


Despois ao East Village a tomar unhas copas e a casa.
Manha e o desfile de David Delfin.
Let's see.

viernes, 20 de febrero de 2009

11/2/09

Pouco a pouco as paxinas do meu diario vanse enchendo. Tres semanas xa aqui. O tempo semella desaparecer. Esvaece-se. Pareceme que levo aqui unha eternidade, e sinto que ao mesmo tempo non pasou demasiado tempo.
Igual de supeto e rapido chegou o bo tempo.



Un raio de primavera no xelido inverno. Os neoyorquinos espertan do seu letargo e ateigan as ruas impenetrables. A cidae florece ante os meus ollos. Uns ollos xa acostumados a voraxine, pero sempre atentos ao mais leve movemento.
NY enchese de vida e eu sinto como tamen os meus pulmons se enchen de sol.
Como na rua, na 5 Avda, observando aos turistas estupefactos na sua primeira visita a Gran Maza.
O tempo pasa e eu sinto o alivio da pereza. A sensacion irrefutablemente intensa da calma absoluta. Da vida que contempla e agarda.


Os catro baixo os neons

Nova aventura nocturna. Maxi esta aqui para producir o desfile de David Delfin na NY Fashion Week. Quedamos para cear con Mo e Dario, e xa eramos 4 tirando fotos en Times Square.
Rematamos tomando Martinis no bar do Hotel de Maxi, que ten na parte de abaixo un salon con piscina climatizada onde podes darte un chapuzon mentras degustas un Gin Tonic. Asegurovos que teredes mais noticias da piscina.
Volvin a casa.

10/2/09

Dixenvos que me encanta Brooklyn? Hoxe de novo en Williamsburgh comendo, rindo e bebendo con Mo e Dario.

Mo, Dario mais eu.

Falamos sen parar, uns por riba dos outros. Unha tarde memorable entre tendas de roupa de segunda man, unha rodaxe indie na rua, The Smiths, Depeche Mode, GSYBE, e cervexa.


Agora tomo cafe e escribo nun pequeno cafe escoitando a Explosions in the Sky.
Estade atentos todo comeza hoxe.

jueves, 19 de febrero de 2009

9/02/09

Segue o bo tempo. Hoxe falei con Mo e Dario, uns amigos de Madrid que estan aqui. Quedamos en vernos esta noite pero finalmente deixamolo para manha.

Despois de comer con Federica e con Adelmo non queria ir a casa. Estabase xenial na rua.

Outra de Washington

Decidin ir a casa a cambiarme e sair a explorar a cidade de novo, pola noite.
No Soho atopei un pequeno cine, tipo filmoteca. Entrei a ver "Slumdog millionaire". Gustoume bastante. Deixovos unha critica do meu amigo D. Saavedra que sempre a quen sempre e interesante ler. Pequeno conto de fadas moderno. Trama dura, final feliz. Merece a pena. Se podedes ide a vela. As historias mais terribles poden ter un final feliz.


A casa branca

Pechade os ollos e sonhade meus amigos.


Pechade os ollos.


Sonhade.


Meus amigos.

8/2/09

Era a segunda vez que caminhaba por aquel porto. Estivera ali 26 anos antes. Meu pai no barco, eu colgado dun brazo da minha nai e a minha irma do outro. Lembraba o US Constelletion, un vello barco do seculo XIX ancorado no porto. Xa estaba ali da outra vez.

Con todos vos: Baltimore

Baltimore e pequeno. O seu maior atractivo son as multiples terrazas que se extenden ao longo da beira do mar. Moi familiar.
Comemos unha enorme hamburguesa nun bar do centro e seguimos a falar da vida e do futuro.
Sempre e un pracer falar con Marta.
Quedamos en vernos en NY cando venhan Montxo, Paula e Iris. Colho o autobus. Gracias Martinha.
Volvo a NY no greyhound. Xa botaba a cidade de menos.
Tamen a ti que les esto.
Bicos.

7-02-09

Washington esta a 1 hora de Baltimore en coche. Collemolo coche e diriximonos a capital. O dia esra estupendo, uns 15 graos de sol e ceos despexados. Unha bendicion.
Washington e como vos imaxinades. Pero enorme. O Capitolio, o obelisco, o Lincoln Memorial,... todo esta nunha zona chamada MAll, xigante, de proporcions descomunais. Ir andando dun lado a outro leva polo menos unha hora.




Non fun a ningun museo. Non fun ao Pentagono. Tan so paseis con Marta plo Mall. Non me interesaba nada mais.


Non me gusta America, gustame NY. So podes apreciar a diferencia se vives a cidade e logo saes dela.
En fin,... voltamos a Baltimore, ceamos cuns amigos de Marta unha especie de pasta de queixo franchute que me deu pesadelos toda a noite.



Durmo xa.
Mua.

6-2-09

Despois de clase fun visitar as Nacions Unidas. Lolita, unha amiga de Mauricia e Joselito traballa ali, asi que ali fomos Mauricia, Rosita e Paco, o home de Lolita e tamen do grove. O edificio das Nacions Unidas e chan internacional, non e USA. E un esbelto edificio a beira do East River. Todos o conhecedes polas peliculas (lembradevos de "Con la muerte en los talones") O edificio sufre o paso do tempo, esta un pouco feito polvo por dentro. Suponho que tenhen cousas mais importantes nas que gastar os cartos en NU.

Consello de Seguridade?

O bo foi ca ruta que nos deu Lolita foi para non-turistas, polo que puidemos ver cousas (como o Consello de Seguridade)que non estan abertas ao publico. Tirmaos fotos desde o estrado onde falan os presidentes, que esta pechado ao publico. Lolita volcouse como boa anfitriona e o paseo resultou moi acolledor e interesante. Mencion especial a comida a que nos invitou no restaurante. Situado na parte mais alta do edificio, as vistas ao East River, Queens e Brooklyn eran preciosas.
Finalmente fixemos un tour guiado para turistas.


Lolita, Rosita e Mauricia no estrado

Moito lles queda por traballar na UN. Quizais tamen a cada un de nos.
Sain a galope cara o outro extremo da rua 42, onde tinha que coller o bus que me levaba a Baltimore. Ia ver a Marta, gran amiga de pequenas batallas nocturnas, risas e conversas.


Brooklyn desde UN


Marta esta en Baltimore empapandose de sabiduria yanqui. Convirtindose nuha das mais importantes investigadoras de Espanha.
A viaxe a Baltimore foi un pouco Odisea. O skyline de Manhatta, de novo iluminado, quedaba atras de min, e eu comprobaba por vez primeira a dureza das clases populares nun pais obsesionado pola riqueza material. Negros e hispanos me acompanhaban na viaxe. O deprimente das estacions de autobus: alcohol e miseria.
O conductor era a primeira vez que ciaxaba a Baltimore e ao chegar a cidade perdeuse, pediu que alguen lle indicara o caminho, e despoips de media hora un tipo detras de min dignouse a informalo. Total, case unha hora tarde.
por certo, o autobus era un "greyhound", o Monbus americano.
Facia polo menos 2 anos que non via a Marta. Despois dunha longa aperta subimonos no seu coche de marhcas (debe ser o unico en USA) e conduixemos ata o seu flamante piso, cunha das mellores vistas de Baltimore posibles.
Falamos da vida e do futuro. Bebemos cervexa. Manha iremos a Washington.
Boas noites meus amigos.

5-2-09

Hoxe tocou museo. Todo o dia no metropolitan. Fun con Federica. Pasamos o dia enteiro dentro do museo. Desde Exipto ata Warhol. E como o Corte Ingles, pero en arte.
O Metropolitan esta no medio de Central Park. No lado este. Vimos momias, Velazquez, Goyas, Miros, Juan Gris, Van Gogh, Brancussi (Frida, mira a foto), Pollock, Greco, Degas, Dalis,...Fixome moita ilusion ver as esculturas de Brancussi. Xa sabes mama.
Comemos no comedor do museo unha ensalada con aceite de oliva (mais malo ca fame, pero de oliva), e as 5 botaronnos do museo.


Brancussi e mais eu sobre fondo sepia

O museo e moi completo, pero o que moito abarca ...Centrarei as minhas forzas no MOMA. Son un snob enganchado ao arte moderno. E polemico::"abajo el mal, abajo el capital", ningunha obra de arte deberia estar nun museo. O arte e libre e o museo unha prision.

Pollock, n35
Erguede os vosos punhos conmigo cara o ceo.
E a unica forma de tocar as estrelas.
Boas noites meus amigos.
Boas noites minha familia.
Boas noites papa e mama, Amu e Dani.

martes, 17 de febrero de 2009

4-2-09

Faleilles do asasinato de John Lennon. Foi moi preto da escola, do loutro lado de Central Park, nos Dakota Apartment. Xa vos falara deles a ultima vez que pasei por ali. O tema e bastante interesante, e o artigo do NY Magazine fascinante.


Kyioko en Central Park

Falaba so shock que supuxo na cidade, de como se viveu,... I read the news today oh boy.
Fun comer con Marco, Adelmo, Kioko e Sakurako. Pizza de novo no "Famiglia", moi preto de Times Square. Fac'ia moito frio, pero ainda asi, decidimos ir tirar fotos a Central Park. Leveinos ata os Dakota e conteilles mais cousas sobre a morte de Lennon: uqe mArk Chapman tinha un exemplar de "O vixia no centeo", de Charles Manson e "Helter Skelter", de "A semente do dianho",... e da extrana relacion que o cubre todo. Xa sabedes, mitoloxia pop e reality-show. Temas sempre fascinantes.



Ao caer o sol, o frio xa estaba instalado nos nosos osos.
Volvin a casa.

jueves, 5 de febrero de 2009

3/02/09

Esta nevando con forza. Fun ao consulado para pedir o voto por correo e me dixeron que rematou o prazo o sabado. Tenho un cabreo do 15, porque a xente do consulado son uns autenticos caracus. Segundo pola falta de informacion. O prazo se supon que se acababa o 12 de febreiro, pero se es residente en NY con dereito a voto, se es turista remataba o 31 de xaneiro.
En fin... mala chispa vos coma.


Adelmo e Federica

Quedei con Adelmo e con Federica (a rapaza italiana) en vernos na casa de Adelmo. Vive nun impresionante piso no Village (moi cerca da casa de Carrie). Super moderno. Todo esta nevado.
Adelmo e Federica son fotografos, asi que saimos a pasear entre a neve e a tirar fotos. Comemos nun italiano esas pizzas impresionantes que tenhen aqui.
Pasamolo ben.

En frente do hospital que primeiro acolleu as victimas do 11S, todavia permanencen centos de mensaxes.

Voume ao Hunter. Tenho que falar na clase manha sobre algo que vira en internet, nos periodicos ou nas noticias.
Xa vos contarei.

Reconhecedelo? e o edificio de friends

Non para de nevar. A cidade esta cuberta de neve.
New York is cold, but i like were i'm living.

02/02/09

Novo dia de clase. Fun comer con Adelmo e coas duas estudiantes xaponesas. Son moi divertidas, falan moi mal ingles e xesticulan moi brusco. Se impresionan por todo. As duas viven cos homes aqui, que se pasan o dia traballando e elas estan moi soas. Levareinas de ruta por aqui de cando en vez.


Brooklyn Heights

Hai moita xente soa nesta cidade. Xente que non conhece a ninguen, sen amigos. Non o percibia os primeiros dias pero agora que me fixo en novos detalles doume conta. Todas as cidades son duras para estar so, pero quizais esta o sexa un pouco mais.


Despois de deixalos decidin ir a Brooklyn Heights que e a parte de Brooklyn en fronte do Lower Manhattan. Esta xusto cruzando a ponte de Brooklyn.


O Lower Manhattan desde Brooklyn

As vistas on impresionantes. E moi romantico. Crucei a ponte endando e agora estou ecribindo esto sentado nun banco do parque. O Lower Manhattan esta ante min se levanto a vista do papel.



Cold kisses from NY.

miércoles, 4 de febrero de 2009

01/02/09

Erguinme tarde. Pasei todo o dia con Maruxa, David (o seu marido) e Xoana. Maruxa e Xoana son amigas desde que eramos pequenos. Falareivos de todos eles mais adiante.

Times Square iluminado

Fun a unha tenda de musica aqui en Queens, so a ver prezos. Deixei a carteira na casa. Precavido que fun.
Pola noite fun de novo a Times Square, queria velo encendido, con todos os neóns. Unha das cousas mais impresionantes desta cidade e ver como cambia cando se ilumina. Convirtese unha especie de enorme arbore de nadal.

En TS

Fun de novo a pista de patinaxe do Rockefeller Center. Tamen iluminada pero esta vez chea de xente patinando. Non me atrevin a patinar so.



Volvin a casa.



Manha e luns.
Bicos.

31/01/09

Hoxe tamen vai sol, pero sopra aire moi frio. Paseime a manha en Hunter actualizando o blog. Xa sabedes, subir as fotos e todo eso. Non habia ninguen asi que foi xenial, moi rapido. Despois comprei un movil. realmente o necesito desde que comecei a minha vida social en NY.


A pista de patinaxe do Rockfeller Center

Estiven paseando por ai, sen rumbo fixo, a deriva, e cheguei ao Rockefeller Center e vin a pista de patinaxe. Buscarei unha victima que se atreva a patinar comigo. Estaba cheo de turistas xaponeses camara en man pero non habia ninguen patinando. Quizais sexa polo frio. Seguin caminhando, perdendome por novas ruas. Atopei unha estatua de Gertudre Stein ao lado dun tio-vivo gris, decadente e con moito encanto.

Miss Stein

A eso das 10 pasei a recoller a Elvira e fumos cear a un xapones. Obrigoume a falar con ela todo o tempo en ingles! Preocupase moito Elvira. Eu non a decepcionarei. Portouse moi ben comigo.
Despois de cear collemos o metro cara Wall St, a festa era no Lower Manhattan, Downtown, e o sitio un banco antigo reformado en local de copas. A entrada era unha enorme porta de caixa forte. A festa:...latina! Ala, a mover as cadeiras a ritmo de bachata. Foi divertido, non e o undergriund de Brooklyn, pero un ten que saber estar en todos lados.
Pasei ben con Elvira e os seua amigos. Collemos o metro a eso das 4, e en media hora xa estaba na casa.


O tiovivo

Boas noites meus amigos.

martes, 3 de febrero de 2009

30/01/09

Terceiro dia de clase. A cousa comeza a animarse. Pouco a pouco vou perdendo a vergonza e a atopar recursos para falar en ingles, asi que comezamos a falar entre nos. Asi e como ten que ser. Estou contento, nun mes creo que poderei falar de seguido.
Ao rematar a clase fun comer con Adelmo, o estudiante brasileiro. Vive aqui co seu mozo. E fotografo. Fala sen parar asi que me gusta porque me forza a falar e a escoitar.
Visitamos o Village, o west village. E precioso, moi acolledor. Para que vos fagades unha idea e onde vive Carrie Bradshow: casa de 3 ou 4 pisos, ao estilo ingles, con ladrillos roxizos e as ventanas verdes. Os escaparates das tendas en madeira azul oscura, verde ou branco. Moi tranquilo e so a 5 minutos de Times Square. Cidade de contrastes NY.
Si, moi pijo o Village.


Diante da casa de Carrie

Aqui esta Grove St. Onde estaba o apartamento de Friends. Podese vivir en Ny e no Grove a vez? Si.
Senteime a escribir esto nunha cafeteria preciosa que fai esquina entre Bleecker St e Grove St. Moi europea, afrancesada, con toldo fora, barra de madeira negra e repisa branca, mil pedazos de tartas distintas, cafes e chocolates. Tomo un chocolate e escribo.


Grove St

Esta cidade e inabarcable. Da igual o moito que caminhes, que busques,... sempre hai algo mais, sempre falta algo por ver,...
Son as 15:30 e quedei con Elvira as 18:30 en Union Square.
Elvira e do Grove e vive aqui. Seguro que esta ben.


O Empire State dende o Village

Atopeime con Elvira e o seu mozo en Barnles & Nobles, unha libreria tipo A Casa do Libro, que na parte superior ten un Starbucks. Ali nos vemos. Non poden ser mais encantadores. Me levan ao Village a tomar unha hamburguesa. Invitaronme a unha festa manha. Estou encantado.
Vai frio, volvo a casa. Cando mellore o tempo non vai a haber quen me quite da rua. Xurovolo.
Bicos.