lunes, 30 de marzo de 2009

20/03/09

Último día de clase. Neva. Non cualla pero neva. O tempo está tolo nesta cidade. Iamos ir de excursión a Battery Park pero tal e como está o tempo decidimos quedar e falar. Todo o mundo promete escribir. Todo o mundo sabe que non o fará.

Despóis de comer fun ao Museo de historia Natural. Non entrei, unha vez na porta, con Central Park diante, sentín unhas gañas enormes de camiñar.
Xa non neva. Séntome nun banco a fumar un cigarro e observar. O ceo gris. O verde comeza a aparecer nun Central Park que para min sempre estará cuberto de branco.


O Belbedere, en Central Park

Semanas atrás coñecín a unha rapaza en Nacotheque. Chamoume para sair hoxe con ela, así que quedamos á tarde, e pasei a buscala polo seu traballo, que está moi preto de Grand Central e o edificio Chrysler. Puiden admirar de novo esta incrible estación inacabable.
Levoume ao instituto Cervantes, que resultou ser un pequeno paraíso, cun fermoso xardín interior.
Dirixímonos a unha exposición de arte no East Village. Era a inauguración, así que poderíamos comer e beber gratis.
Cando chegamos, aqueloparecía un centro de acollida ao xoven español.
A galería non era moi grande. Os cadros non me gustaban moito. Un DJ lanzaba ritmos "funk-house", e as cervexas estaban ben.
Camiñando a coller unha, alguén me golpea no hombro:
-Ti non es o cantante de nadadora?
- Sí - respondo con cara de incrédulo.
- Coñezote por dous lados, son amigo de...
Joder! Total que nos poñemos a falar, a cousa se anima e a inauguración vaise convertendo nunha pequena festa.


A galería


De súpeto caio na conta: un dos que expón é Nano, de Vigo. Acércome a él:
- Nano acórdaste de min?
- Soame a túa cara.
- Son Gonzalo, o cantante de nadadora.
- Coño tío!
O resto é historia e noite.
Rematamos nunha discoteca en Greenpoint, en Brooklyn.

No hay comentarios:

Publicar un comentario