viernes, 6 de marzo de 2009

24-25/2/09

Un dia calquera

Levantome as 7:45 (a.m.). Duchome, almorzo e tomo un cafe. Vistome e saio de casa. Dobro o pequeno treito que hai dende a minha casa ata a 1 Avda. Ao fondo o Empire State. Baixo ata a parada de metro. Caminho 2 mazas, cruzo a rua 17, 16 e 15. Na 14 esta a linha. Sentido 8 Avda. E a linha gris, unhas das poucas que cruza Manhattan en sentido transversal. Entro no metro. A tarxeta e unha tarxeta de pase libre durante un mes. O metro esta que rebosa a esas horas (rush hours). Esta linha vai bastante chea. Entro casa\e sempre de ultimo, pegado a xente que non conhezo. A seguinte parada e a 3 Avda. Eu me baixo en 14 St- Union Square. Nesta parada hai moitisimos enlaces con outras linhas, asi que e unha parada enorme, sempre chea de xente (non importa a hora, sempre chea). Caminho cara o meu seguinte enlace. A linha 6 (verde). Se a L vai chea esta nin vos quero contar. A linha 6 cruza Manhattan de norte a sur polo lado este (non e a unica, pero si unhas das mais uniformes no seu traxecto). Desde aqui xa vou directo a Hunter: next stop is 69 St Hunter College- me saluda todas as manhas a rapaza do altavoz. Baixo eu e cento cincuenta mil millons de persoas mais. Hai tanta xente que se forma un tremendo embudo na saida. Lembrome sempre de Madrid. Se non vivira antes en Madrid e o sufrira a unha menor escala non sei que sentiria agora. Posiblemente que "como ninguen e capaz de vivir aqui?". Agora paso impasible.


A vista desde Hunter College

Hai unha saida directa a Hunter. Vou ao edificio Leste a traves do pasillo do terceiro piso. Collo o ascensor ata o piso 10. Entro en clase.
As clases, como todo, uns dias estan mellor e outros peor. Eu quero falar, non necesito mais gramatica. Pero claro, non estudio eu so. Asi que cada vez que podo me ponho a falar (sen molestar, eh, non vos pensedes).
Despois de clase soemos quedar para o lunch, non sempre vamos os mesmos, pero a medida que nos conhecemos mellor ven mais xente.
As tardes paseo pola cidade, tomo cafe, saco fotos,.. volvo a casa.
Falo cos meus compis de piso, as veces saimos a cear algo.
Deitome. Un novo dia na cidade.
A extrana beleza dunha extrana rutina.

No hay comentarios:

Publicar un comentario