Manha chegan Montxo, Paula e Iris. O finde estara nublado, pero fara calor. A proxima semana teran mala sorte, parece que vai chover.
Hoxe dediqueime a ser amo de casa. Os meus compis de piso marcharon a Europa, asi que me quedo so unha semana.
Fixen a colada ao estilo americano. No soto do edificio hai un laundry, a saber, entras e a un lado as lavadoras e ao outro as secadoras. Pagas cunha tarxetinha e ala, a lavar a roupa. Curioso sistema. Intuo que a cousa debe ser polo espacio, que e moi caro aqui, e as lavadoras ocupan moito, e dende logo, non hai sitio para colgar a roupa. Ainda non vin roupa a secar en ningun lado de NY.

Rodeado de Paxaros no espacio.
A noite vin un documental impresionante, ganhou o oscar na categoria de documentais. Chamase "Man on Wire" (O home sobre o cable, poderiamos traducir). Fala dun frances, Philippe Petit, equilibrista e artista tolo, que planeou tirar un cable desde unha das torres xemelas cara a outra, a mediados dos 70, e cruzar sobre o cable facendo equilibrio. Os seus inicios, como planearon e executaron tal fazanha, contado cunha beleza sobrecolledora. Sabes que o consegue, pero o documental esta tan ben feito que te manten sobrecollido continuamente. E ao final choras como unha madalena.

Beleza pura.
Un home que facia de cada un dos seus dias unha obra de arte.
Asi que xa sabedes meus amigos: convertide os vosos dias en pequenas obras de arte.
Strike to squeeze your life
que emoción al verte rodeado de tanta belleza,
ResponderEliminarespero que che gustaran moito, acabo de chegar de ver outra versión do paxaro no espacio y tamen unha maiastra, este Brancusi cando conseguía algo que lle parecía fermoso facía multiples versións. bicos