lunes, 30 de marzo de 2009

25/03/09

Tardei en durmir. A miña cabeza en ebullición. Necesitarei bastante tempo para poñer en orden todas as ideas que florecen nestes meses. Coma sempre, centos de plans pelexan por ser levados a cabo.
O sol brilla alto. Recollo as maletas. Despídome de quen foi a miña familia aquí.
Collo o avión a Filadelfia. Bordea Manhattan polo norte. Podo observar a cidade en perpendicular. Parece unha fábula ao lado do mar. Unha construcción imposible. A moderna babel que quixera erguérse ata o ceo.
So long Manhattan.
Estou en Filadelfia. Mañá chego a casa.
Final da viaxe.
Mañá cumpro 34 anos.
Toda unha vida para envolverme nela me agarda.



New York you´re perfect, please, just don´t change a thing.

24/03/09

Saio a almorzar con Ruth. Vamos a comer cupcakes. Os cupcakes son uns doces coma madalenas, recubertos de crema. Camiñamos ata unha pastelería preto de Union Square. É de madeira decorada con xoguetes antigos, con divertidas mesas a modo de pupitres, con estanterías cheas de contos para nenos.


Despóis dun café e un cupcake de vainilla fago as últimas compras e volto a casa. Ás 3 ven Joselito a recollerme.
Ceo na casa con eles, Rosi e coas nenas, celebramos o meu cumpre.


Ás 8 decido sair a despedirme de Manhattan. Atópome con Bill Murray. Camiño sen rumbo. A cidade que agora tan ben coñezo semella desvaecerse a cada paso.
Volvo a casa. O metro sae á superficie nas 3 últimas paradas. Manhattan na distancia, parece despedirse de min. Parece susurrarme: ata pronto.

23/03/09

Novo día de sol e frío.
Camiño todo o día, compro regalos, as típicas camisetas de I Love NY,... síntome coma unha pantasma.

Volvo a casa recollo a Ruth e nos diriximos a EMI, onde traballa Declan.
EMI está en Chelsea, as oficinas cubren toda unha pranta dunha antiga praza de abastos reconvertida en centro comercial con oficinas nos pisos superiores. A reconversión está moi ben coidada, mantendo a estructura orixinal da praza.
No inmenso hall de entrada un Steinway precioso. O resto, unha estructura diáfana, con despachos para os directivos, onde teñen pianos e baterías, enormes equipos de música, salas de escoita,...



Despóis dun paseo guiado polas instalacións voltamos a casa. Paramos no "Please don´t tell", unha hamburguesería con videoconsolas dos 80. Nun lado hai unha cabina de teléfonos, entras, chamas, e se tes sorte, te deixan entrar a unha cocktelería escondida, semi clandestina.
Un bó fin do día.
Manhá será un novo día de despedidas.

22/03/09

Xa e día no East Village.
Decido camiñar por última vez polo Village e polo Soho. De camiño, cruzo Washington Square, onde me sento a escoitar a un quinteto de swing, tocando no parque, baixo un precioso sol de primavera.


Swing en WS

A xente necesita luz e sol. Todo o mundo está na rúa. É un deses días onde todo o mundo parece máis vivo e máis contento.
Pasei todo o día perdido pola cidade.
Sentome a escribir estas liñas. Estoume forzando porque non teño demasiadas gañas de escribir sobre estes últimos días.



Cóstame traballo sintetizar e expresar o que sinto.
É moi posible que a última actualización a faga xa na casa (é verdade, estouna facendo na casa).
Preto de vós.
Lonxe de aquí.

21/03/09

Érgome tarde. Paseo polo barrio. Fai sol e frío.
Como pizza.
Á tarde quedo con Javier e Elvira. Xa me despoido deles.
Ceamos nun estupendo restaurante no East Village unhas hamburguesas deliciosas.
As despedidas sempre son tristes.



Moitas gracias Elvira.
Un bico moi grande. Espero verte pronto.

20/03/09

Último día de clase. Neva. Non cualla pero neva. O tempo está tolo nesta cidade. Iamos ir de excursión a Battery Park pero tal e como está o tempo decidimos quedar e falar. Todo o mundo promete escribir. Todo o mundo sabe que non o fará.

Despóis de comer fun ao Museo de historia Natural. Non entrei, unha vez na porta, con Central Park diante, sentín unhas gañas enormes de camiñar.
Xa non neva. Séntome nun banco a fumar un cigarro e observar. O ceo gris. O verde comeza a aparecer nun Central Park que para min sempre estará cuberto de branco.


O Belbedere, en Central Park

Semanas atrás coñecín a unha rapaza en Nacotheque. Chamoume para sair hoxe con ela, así que quedamos á tarde, e pasei a buscala polo seu traballo, que está moi preto de Grand Central e o edificio Chrysler. Puiden admirar de novo esta incrible estación inacabable.
Levoume ao instituto Cervantes, que resultou ser un pequeno paraíso, cun fermoso xardín interior.
Dirixímonos a unha exposición de arte no East Village. Era a inauguración, así que poderíamos comer e beber gratis.
Cando chegamos, aqueloparecía un centro de acollida ao xoven español.
A galería non era moi grande. Os cadros non me gustaban moito. Un DJ lanzaba ritmos "funk-house", e as cervexas estaban ben.
Camiñando a coller unha, alguén me golpea no hombro:
-Ti non es o cantante de nadadora?
- Sí - respondo con cara de incrédulo.
- Coñezote por dous lados, son amigo de...
Joder! Total que nos poñemos a falar, a cousa se anima e a inauguración vaise convertendo nunha pequena festa.


A galería


De súpeto caio na conta: un dos que expón é Nano, de Vigo. Acércome a él:
- Nano acórdaste de min?
- Soame a túa cara.
- Son Gonzalo, o cantante de nadadora.
- Coño tío!
O resto é historia e noite.
Rematamos nunha discoteca en Greenpoint, en Brooklyn.

viernes, 20 de marzo de 2009

19/03/09

Estou un pouco resfriado. Quedo toda a manha na casa. Aproveito para facer a maleta. Unha cousa menos para os ultimos dias.
A tarde, ainda que me doe a cabeza, decido ir ata o PS1, un espacio adicado a arte visual dependente do MOMA.


PS1


Esta en Queens, moi preto do rio e erixese nunha antiga escola. Encantame o espacio en si: enormes aulas reconvertidas en espacios de arte, muros de formigon no exterior para exposicions ao aire libre,... Moi boa idea.
As obras son case todas de caracter visual, proxeccions e videos, moi experimentais e conceptuais.


O Queensboro Bridge

Ainda que me doe a cabeza, decido exprimir un pouco mais o dia. Baixo ata Bleecker St. con Bowery buscando o CBGB. Onde estaba o CBGB agora hai unha tenda de antiguidades e ao lado unha tenda de fotos de rock moi conhecida, chamada Morrison Hotel. Umm, unha tenda de antiguedades e outra de fotos dos dinosaurios do rock. Sera un mensaxe divino?


Aqui estaba o CBGB. Agora so hai fotos de vellos e mortos.

Paseei ata casa a traves da 1 Avda e da A Av.
Observo con coidado todo ao meu arredor. Ainda que pasei mil veces por aqui sempre me parece distinto.
E como se quixiera grabar na memoria cada unha destas ruas.
Meus ollos como camaras.
Cada paso como se fora o ultimo.

jueves, 19 de marzo de 2009

18/03/09

Penultimo dia de clase. Xa me despido dalguns dos meus companheiros. Por primeira vez sinto a premura da volta
Como cos meus companheiros, acompanho a Federica ao rodaxe de non sei que peli na rua.


Os meus companheiros

Fai sol, e calor. Parece que chegou a primavera.
As ruas estan ateigadas de xente.
Sen dubida a cidade desperta co bo tempo.


A rodaxe

Eu boto un pouco de menos a intimidade que me brindaba o frio.
Nas ruas semibaleiras sentia a cidade mais minha.

martes, 17 de marzo de 2009

17/03/09

Hoxe e San Patricio. Como ben sabedes e o patron dos irlandeses, e debido ao importantisimo legado socio-cultural que estes tenhen na cidade de NY organizan un desfile que paraliza toda a 5 Avda.
Como bo curioso acercome a observar esa demostracion de espiritu patriotico e irmandade irlandesa-americana.



Nunca vin tanta xente xunta. Estou seguro. Centos de miles de persoas ateigan a rua. Case todo o mundo ataviado con algunha prenda de cor verde, simbolo de Irlanda.
O desfile consiste nun continuo e inacabable paso de politicos, militares, bandas de musica, majorettes, ... ata uns tunos! So faltaba a banda de gaitas de Ourense, que vai ti a saber, igual andaba por ali.
Eu acordome de George Brassens:
"la musica militar nunca me hizo levantar"



Pois iso, que despois de 40 minutos de exaltacion irlandesa no corazon da Gran Maza decidin ir a Hunter.
Manha tenho a exposicion do meu traballo sobre Arthur Miller e a literatura xudeo-americana.
Esta noite sairei a dar unha volta en honor a S. Patricio.

16/06/09

Felicidades Amu!!! Mil bicos.

A medida que caminhaba cara ali comcecei a darme conta. Xa estivera. O concerto no loft clandestino. Agora o sei, chamase Death by Audio. Esta rexentado pola xente de A Place to Bury Strangers, e ademais descubrin que estan especiualizados en pedais de ruido. E dicir, se ve que no galpon tenhen un pequeno taller para facer os pedais. Pensei que tinhan unha tenda e que poderia probar os pedais e cheguei cedo. Equivoqueime, tan so e o galpon que xa vos contara. Punk underground.


Death by Audio.

Sempre e importante ponher un pouco de punk na tua vida.
Catro bandas tocan hoxe, e ningunha desperta sobre min o mais minimo interes.


Kiss Kiss, a ultima das bandas
Marcho a casa, manha e San Patricio.

15/03/09

Volvese noite

Descubrin un pequeno pracer. Un pequeno pracer ao que non estou acostumado: estar e observar.
Observar como o sol cae tras a minha venta e a cidade se ilumina.
Sentarse a observar non e algo ao que eu estea acostumado. Debe ser a idade que prosegue o seu caminho e me colle da man.
Encantame a vista desde a minha venta, coas pequenas casa de "bricks" co seu caracteristico color roxizo, que se extenden en primeira linha, e ao fondo os enormes edificios que se erguen como antenas cara o ceo.
O mais enorme o Empire. Cada dia as luces do Empire son distintas. As luces que coroan os ultimos pisos: verdes, bermellas, transparentes,...



A luz do dia volvese tenue, e como nun maxico sincronismo, as luces artificiais comezan a iluminar o skyline.
Tento conxelar o momento. Pecho os ollos e lembro.
O pracer da quietude.
O extrano magnetismo e a irresistible fascinacion que deesperta unha cidade que se ilumina.

14/03/09

Felicidades Li!

Montxo, Paula e mais eu tomamos o seu ultimo brunch no East Village antes da sua viaxe de volta a casa. Iris e as amigas percorren o Soho antes de marchar.
Esta semana pasou voando.


O brunch no East Village

Iris recolle a maleta. Acompanhoa a parada de metro. Xa nos vemos en pouco tempo. Xa vos verei en pouco tempo.
Montxo e Paula saen un pouco mais tarde. Pasamos a tarde na casa. Apurando as horas. Falando.
Eu pola noite a Nacotheque outra vez. A ultima vez.


En Nacotheque

13/02/09

Despois de clase fun a casa a comer. Quedamos a tarde aqui para ir cear. Decidimos ir a Williamsburg. De noite e cando mellor se aprecia este barrio.


O fornino


Ceamos no Fornino unha deliciosa pizza. Unha cervexa no Surf Bar, que ten o chan cheo de area, e un non sabe moi ben que pensar ao pisalo. E finalmente unha copa nun garito perdido onde tocaba unha banda xaponesa rarisima.


O Surf Bar

Manha me quedo so de novo.
A cidade e mais eu cara a cara.


Na parada de Bedford, en Williamsburg

12/03/09

Este e sen dubida un autentico dia de "guiri" de NY. Non direi que so nos faltaban as camisetas de I Love NY, porque non, non faltaban. Imaxinadevos o panorama.
Todo comeza coa visita ao mais emblematico dos edificios neoyorquinos. Con Montxo e Paula subo ata a gran azotea do mundo e non sen certa sensacion de vertigo, contemplo extasiado o maravilloso espectaculo que ofrece a inacabable altura do Empire State. Vai moito frio, pero eso non impide que oteemos desde as catro caras do Gholiatt de cemento a inmensidade da cidade aos nosos pes.





Cando o frio parece que se ensanha decidimos baixar e refuxiarnos na caotica Chinatown, ateigada de centos de turistas a caza da falsificacion mais anhorada: ese bolso impagable, ese reloxo imposible,...Aqui sempre estas cerca da imitacion perfecta.



Comemos un delicioso sushi e noodles nun xapones.
Armamonos de valor e decidimos continuar ata Battery Park. Collemos o ferry a Staten Island. Cruzamos dunha illa a outra. Rozamos Ellis Island e a Statue of Liberty. Contemplamos o downtown desde o mar.
Xa case atardecendo caminhamos ata Dumbo e Brooklyn Heights. Nunca me cansarei de contemplar Manhattan desde este pequeno pedazo de Brooklyn.
Despois de ver a posta de sol sobre a cidade que de novo se ilumina, comer un xelado impresionante no muelle de Dumbo, alguen pregunta:
-Vamos a patinar ao Rockefeller?
-Claro, vai ser divertido.
Patinamos e patinamos. Erguemos a cabeza para corroborar a altura do Top of the rock. Me caio nunha curva. Montxo todo o tempo agarrado a varandilla.
- Paula, e se damos voltas sen parar?
- Non que me caio.
A collo igual e damos unha volta.



De volta a casa paso polo Beauty Bar, unha peluqueria reconvertida en pub onde se celebra unha festa dos meus amigos. Iris esta cansa. Volvemos a casa.
Manha e fin de semana.
Hoxe foi un grande dia.

(Non tenho fotos dese dia, quedei sen bateria no Empire, esperarei a que Paula me pase as suas)

11/03/09

Dia absolutamente gris.
Quedo con Montxo e Paula despois de clase diante do MET. Elas queren ver garitos pijos pola noite. Nos iremos a un concerto.



Paseamos a traves dun Central Park cuberto por unha tenue choiva. A estatua de Alicia, de novo o imagine e os Dakota Apartments.

Decidimos comer nun BBQ tipico americano. Aqui as racions de comida son descomunais. Non comen, engolean. Este lugar e un bo exemplo, perfecto para conhecer a relacion obsesiva dos americanos coa comida: servennos unhas racions xigantescas de carne, polo, costilletas e patacas, banhado en cantidades inxentes de salsa. Costanos traballo comer todo.



Despois da comida caminhamos ata Columbus Circle, os acompanho ata o hotel e diriximonos de novo ao Cake Shop.
Cake Shop e unha pequena sala de concertos no Bowery. Ten fama de programar as mais emerxentes bandas do panorama indie americano. Na entrada, no piso superior, tenhen unha pequena cafeteria, tenda de vinilos e CD's e tartas. Si, mezcladillo.


Na parte de abaixo esta a sala. Non e moi grande, eu diria que entran como moito 150 persoas. Hoxe hai un programa de 3 grupos de noise/shoegazer. Por tan so 7 $ tes a oportunidade de ver a 3 bandas.
Tocan Black Swan Green, Ringo Deathstarr e the vandelles. Encantanme as tres:
amigos do shoegazer, buscade nos myspaces.
Saio encantado. I'm in love with the noise.

10/3/09

O domingo pincharon a nadadora nun programa mexicano feito desde NY, e hoxe me fixeron unha entrevista dunha hora, monotematica de nadadora, en Queens. Foi en directo e non me atrevin a facela en ingles. Galinha que e un.
Unha grande experiencia, unha grande oportunidade. Unha radio indie que atraves de internet retrasmite a todo USA.
A tarde levo ao meu sequito a Bedford Avenue, en Brooklyn.



Paseamos a traves da zona que mais me gusta de NY, da que tanto vos falei e da que sen dubida vos volverei a falar.



A noite imos cear ao Corner Bistro, onde fan as hamburguesas mais ricas de NY (ou case).


No subway


Os ultimos dias desta semana seran moi axetreados:
"Descansade pequenos visitantes, a viaxe nopn fai mais que comezar"


Asi se fai o parvo nunha xigante tenda de disfraces cerca do Soho

9/3/09

Chove a cantaros. Hoxe tocalle ensinarlles o Village as rapazas.
Primerio visito o MOMA con Iris. Ao principio non me emocionou demasiado. Pero a medida que subia pisos foi encantandome cada vez mais. O certo e que tenhen unha das coleccions mais impresionantes de arte contemporaneo que vin. Visita obrigada para o viaxeiro de Manhattan, sen dubida.





Mentres comemos pizza no Two Boots, vemos como aparecen uns paparazzi. Estan perseguiindo a alguen, pero non sabemos a quen. Mentras nos fixamos cara onde apuntan as camaras, pasa por frente de nos Sara Jessica Parker, co seu fillo/a da man.
A noite vamos ao Cake Shop, pero non entramos aos concertos. Decidimos ir a Arlene's Grocery, porque ali hai un rock'n'roll karaoke con banda en directo. Vamos para ala e vemos a varios singers wanna be desganhitandose mentras a banda tocaba en directo temas de Iron Maiden, Metallica, AC/DC, Nirvana, Guns'n'Roses,... Para ver e contalo.

8/3/09

Quedo con Montxo e Paula. Iris e as amigas van a Harlem a ver unha misa Gospel. Quedamos na minha casa. Facemos o mesmo percorrido de onte.


No Angelique, en Grove St.

Pero tamen o Soho e o West Village. Tomamos un brunch no East Village, moi preto da minha casa.

Asi de alto era o sitio onde tomamos a destornillador

Pola noite, tomamos un "screwdriver" nun alto edificio, moi preto de Times Square.
Caminhamos ata o East Village de novo e ceamos moi preto de casa.


E aqui a cea


That's NY.

7/3/09

Non sei que pasou en Vigo. Algo dun asesinato de dous gays. A historia e que me chegou polo facebook unha convocatoria a unha manifestacion diante do consulado espanhol en NY. Esta moi cerca do Hunter, asi que me acercarei ata ala. Dez persoas debian estar ali. Fixen unha foto e seguin caminhando. Iris chega dentro de nada. Vouna buscar.
Chegou con duas amigas, Paula e Judith. Era a primeira vez que estaban en NY, asi que fixen de bo anfitrion e as levei a dar o seu primeiro paseo pola Big Apple. Caminhamos ata 14th Square, de ai ao flatiron, o Empire State, a 5 Avda, e por Broadway a Times Square. A temperatura era moi boa, hoxe tenhen sorte. Non parece que vaia a ser asi o resto da semana. Gustame ver a reaccion da xente ao caminhar por primeira vez entre estes edificios. Non vos creades que todo o mundo se emociona igual, nin moito menos.



Estan moi cansas, parecen zombies. Asi que ao hotel e a casa.
Montxo e Paula chegan con retraso. Pequenos problemas no aeroporto.
Eu quedo con Marcelo nun local de Brooklyn. Era o cumpreanos dunha amiga sua. Un freak facia versions de Queen cun acordion.



Despois visitamos un dos locales mais Brooklyn de Brooklyn: unha entrada tipo pub, moi normal, unha terraza interior, e finalmente unha sala de concertos a modo de teatro antigo.
Faise tarde. Volvo a casa.

sábado, 7 de marzo de 2009

5/3/09

Manha chegan Montxo, Paula e Iris. O finde estara nublado, pero fara calor. A proxima semana teran mala sorte, parece que vai chover.
Hoxe dediqueime a ser amo de casa. Os meus compis de piso marcharon a Europa, asi que me quedo so unha semana.

Fixen a colada ao estilo americano. No soto do edificio hai un laundry, a saber, entras e a un lado as lavadoras e ao outro as secadoras. Pagas cunha tarxetinha e ala, a lavar a roupa. Curioso sistema. Intuo que a cousa debe ser polo espacio, que e moi caro aqui, e as lavadoras ocupan moito, e dende logo, non hai sitio para colgar a roupa. Ainda non vin roupa a secar en ningun lado de NY.


Rodeado de Paxaros no espacio.

A noite vin un documental impresionante, ganhou o oscar na categoria de documentais. Chamase "Man on Wire" (O home sobre o cable, poderiamos traducir). Fala dun frances, Philippe Petit, equilibrista e artista tolo, que planeou tirar un cable desde unha das torres xemelas cara a outra, a mediados dos 70, e cruzar sobre o cable facendo equilibrio. Os seus inicios, como planearon e executaron tal fazanha, contado cunha beleza sobrecolledora. Sabes que o consegue, pero o documental esta tan ben feito que te manten sobrecollido continuamente. E ao final choras como unha madalena.

Beleza pura.

Un home que facia de cada un dos seus dias unha obra de arte.

Asi que xa sabedes meus amigos: convertide os vosos dias en pequenas obras de arte.


Strike to squeeze your life

4/3/09

Ruth, a minha compi de piso, fai documentales. Ten un productora. Fun con ela a ver un documental a un pequeno cine independente do East Village.

Se ve que que o sitio e bastante importante e que por ali pasa xente moi impliocada nesto dos documentais. Dentro do ciclo, ao rematar, o director sae e fala co publico sobre a sua obra. Moi interesante. O documental que vimos foi sobre a vida do avo do director. Feito a finais dos 80, narra, en boca de quen o conheceu (familia, amigos,...) unha vida normal, coas suas miserias e grandezas, como todas as nosas vidas.



Despois do documental

Ao rematar fomos a un local coa algunha da xente que estivera no proxeccion, a tomar unha copa.

viernes, 6 de marzo de 2009

3/3/09

Certa preguiza reina na minha man. Non tenho demasiadas ganhas de escribir.
Sinto que debo preservar certa intimidade. Hai cousas que me quedo para min.
Non hai fotos. Xa me olvido da minha condicion de turista. Sempre hai algo que facer nesta cidade. Sempre hai algo que perderse nesta cidade.
Onde estas? No lado que busca ou no lado que agarda?



A minha vida cambia porque eu o decido ou os fios se moven por nos e nos golpeamos contra as pedras dun destino impredecible?
Que me levou ata aqui? Fun eu ou foi o azar? Por que NY e non outro lugar.



Non o sei, pero cando me miredes aos ollos a proxima vez que nos atopemos saberedes que o brillo xa non o mesmo.
E eso que significa? Eso meus amigos non significa absolutamente nada.

2/3/09

Vexo o resultado das eleccions. Chamo a casa.
Vaia pais, madre del amor hermoso...
Estou canso de noite. Necesito luz e aire.
Paso o dia actualizando o blog. Lendo en internet.
Primeira morrinha. Tardou mes e medio en aparecer. Non e moi forte, non vos pensedes.
Este fin de semana chegan Iris, Montxo e Paula. Primeiras visitas.


E neva, e neva,...

Neva con mais intensidade que nunca. Onte, volvendo a cas, os meus pes se afundian totlmente nunha neve branca que cubria toda a cidae. Era precioso. Leva dous dias sen para de nevar. Agora a neve, convertiuse en masa marron e horrible. Xeo. Din que se caes en Ny non te vas xamais. Eu ainda non cain. Bueno, metaforicamente.
Pero esa e outra historia. Ou non?
Boas noites, meus anhorados amigos.