sábado, 31 de enero de 2009

29/1/09

FAI SOL! E frio, pero soportable. Voume ao Lower Manhattan.
Percorrin as ruas ateigadas de turistas xaponeses que rordean Wall St e a Bolsa.



O muro


As ruas non son tan grandes como parecen na tele, asi que tellen algo que as fai mais acolledoras. En xeral esta oparte de Manhattan ten a feitura das cidades europeas (con eses rascaceos xigantes, pero mais europea). Foi o primeiro asentamento da zona, os holandeses ala polo principio de seculo XVII. Aqui sintese o tempo incrustado na pedra.


A Bolsa

Agora que o penso, o peso das nosas cidades non e mais que tempo incrustado en pedra. En nos mesmos.




No LOwer Manhattan

En fin,... que existe certa diferencia entre esta parte e o Upper Manhattan. Aqui esta tamen a Trinity Church, que foi a primeira igrexa de Manhattan, cun campo santo de mais de 300 anos, con esas lapidas tan tetricas espichadas na herba.
Siniestraco.



O cemiterio


Resulta impactante ver unha igrexa asi, cun cemiterio asi, e pegados rascaceos xigantes.
Cidade de contrastes NY.

A estatua no medio do mar.Caminhei ata o borde do oceano, marabillei de novo coa ponte de Brooklyn (esta vez desde abaixo), e caminhei ata que a estatua da libertade apareceu ante os meus ollos. Irei a visitala cando non vaia tanto frio. Tamen irei a Staten Island no ferri. Agora seguirei caminhando por este precioso paseo que bordea o rio ata chegar ao WTC.


A estatua


Brooklyn Again

A xente impresionalle moito o buraco das Torres xemelas. Todo aquelo deixou unha importante pegada nesta cidade.

ROCK AND ROLL HALL OF FAME. De novo no Soho. Fun ao Rock'n'Roll Hall of FAme. Demasiado para guiris: guitarras firmadas, autografos de Mick Jagger e Paul Mcartney,... comprei unha camiseta do CGCB ( o mitico club que veu crecer aso Ramones e a Blondie) por 40$ (este si que e un prezo punk, cabrons!). Non visitei o museo. Definitivamente ver o autografo de Tom Petty nunha stratocaster non e algo que me impresione. Agora si, podias comprar un grammy que lle deron a Jonnhy Cash no 69 por 125.000 $.

Comprei 2 libros (tenho que ler moito en ingles): "The Brooklyn Folies, de Paul Auster" , recomendacion directa de Tio Moncho e "Please kill me:the uncensored oral history of punk", que no seu inicio fala da Velvet, e me fai moita gracia reconhecer os sitios de NY dos que falan.

Manha comeza a fin de semana!

Moitos bicos.

7 comentarios:

  1. Como mola NY, eu bótoa de menos pero algún día voltarei. Alégrame ver que a estás a desfrutar. Saúdos desde a tua terra ;)

    ResponderEliminar
  2. impresionante ese N.Y. tan cheo de contrastes,
    sigue disfrutando, bicos

    ResponderEliminar
  3. eehhhh bro! gustoume moito a pinta desa igrexa nevada, é un cadro de friedrich pero en vez da nada o redor dela hai rañaceos, que friki, máis fotos dela plis! e se pode ser nevada moito mellor :)

    take care!

    ResponderEliminar
  4. Ola Gon!
    Sigo a ler o que fas por NY. Moi bonitas as fotos, pero estou dacordo con Frida, es máis feito do que saes!!!!!!!!!!Voulle mandar a referencia do teu blog a Mo e Pablo e Paula, que andan por América tamén, pero pola caribeña (eles loitan contra os mosquitos).Bicoooooooos

    ResponderEliminar
  5. Benvidos a todos os novos lectores: Elena, Sugar, Laura,... espero que vos divirta o blog.
    Bicos a todos.

    ResponderEliminar
  6. Incorpórome o teu blog e fágome seguidora das túas andanzas que narras, ademáis de cunha prosa excelente, con verdadeira paixón. De feito chego a notar o frío de N.Y. ainda que estou no meu despacho e o climatizador marca 26º.
    Espero que pronto nos contes a túa primeira actuación na city nalgún deses loft que describías ou calquera outro garito.
    Mil bicos dende o pobo, no que non para de chover dende que marchaches.

    ResponderEliminar
  7. vexo que estas a vivir máis a cidade, máis todavia e de seguro que te moitas cosas millores que actualizalo blog, pero que sepas que nos seguiremos atentos igualmente

    ; )

    saudos

    ResponderEliminar