sábado, 24 de enero de 2009

21-01-09

NYC Skyline. Durmin 9 horas. Volvo a ter forzas. Hoxe farei a minha primeira inmersion en Manhattan. Tenho que facer a proba de nivel da escola. Xa vos contarei como foi. Antes quero explicarvos con mais de talle a vista de Manhattan de onte:
Filadelfia esta ao sur de NY. Bordeando a costa se chega dunha aoutra. Eu chegaba ao aeroporto de La Guardia, en Queens. Para aproximarme a el o avion sobrevoou por riba de Brooklyn, da ponte de Brooklyn. Esto facia que Manhattan quedara a minha esquerda e que de supeto, nun xiro do avion, a cidade estalara ante os meus ollos. Un muro de luces erguiase cara o ceo. Era a parte sur de Manhattan, onde estaban as Torres Xemelas. O avion moviase moito e non sairon as fotos. Unha pena.
Unha marabilla.

Primeiro dia en Manhattan: sain de Queens (a zona de NY onde vivo cos amigos dos meus pais) con Joselito (meu pai americano). Iamos ao Hunter College onde tinha o meu “placement test”, ou sexa, a proba que determina o meu nivel de ingles e por tanto en que clase me ponhen.
O primeiro que tedes que saber e que rompin o meu armisticio co frio. O moi carbon colleume desprevenido e golpeoume con tada a sua forza: joder que frio! Se te conxela ata a cara. Non e broma. Falas como se estiveras pedo porque non podes mover ben os musculos. As mans e as orellas decidiron deixar de pertencerme, xa non as sentia, e eso que ia tapado que so me faltaba levar unha bolsa de auga quente na cabeza! En fin…
Central Park esta nevado. Todo NY esta nevado. E precioso. Antes da proba din unhas voltas con Joselito polas cercanias do cole: Park Avenue, Lexington, a 5 avenida,… Pasei por diante da xogueteria que sae en BIG (FAO Schwartz), onde saltan enriba do piano que esta no chan.

Hai algo extranho que sentin naqueles primeiros minutos que pasei en Manhattan, e que corroboraria mais adiante: non me sinto extranho. Sinto que pertenzo.
Xa veremos que pasa con esto. Creo que e importante.

O exame. O Hunter College e unha universidade publica que eesta no centro de Manhattan. Son 3 edificios (north, east and west) comunicados por unha pasarela por riba da rua. Eu estou no “east”, o edificio de linguas.
Os meus futuros compis son case todo mulleres (ben!), e case todas asiaticas (ben!).
Todo o mundo moi concentrado en facelo ben. Eu mexaba por riba. Non de medo, eh!, de verdade. Joder, que mal. Na proba do listenng so escoitaba “pssss”. Creo que me puxen amarelo coma a China do meu lado.
En fin.. non me saiu mal. Creo que estarei nun nivel decente. O puto exame durou case 3 horas!
Ao sair do exame, Joselito foi a casa e eu din a minha primeira volta por Manhattan so. Tinha que voltar para a cea/comida que fan por aqui (xa vos explicarei como funcionan con esto), asi que tinha 3 horas.
Non tirei nin unha foto. Tinha sensacion de que xa estivera ali. Queria comportarme coma un New Yorker de pro.

Lower Manhattan desde a Ponte de Brooklyn

As avenidas son enormes, baixei por Lexington (onde Lou Reed esperaba ao seu home), Madison,… As ruas mais pequenas, 36 th, 38 th,… As avenidas van de norte a sur e as ruas de este a oeste: imposible perderse.
Non foi unha visita de turista, quero tomalo con calma, tenho moito tempo e quero que a cidade me resulte comoda, sentila como minha,… So caminh e observo a xente. Paso pola biblioteca publica, por tiffany’s, o edificio Chrysler,…
“tonight this city belongs to me,…”
Compro duas botellas de Merlot californiano, “The catcher in the rye” e “Wire”. Marcho a casa. Hoxe venhen cear os fillos da familia e non quero chegar tarde.
Manha sera realmente o primeiro gran dia. Estade atentos.

No hay comentarios:

Publicar un comentario