jueves, 29 de enero de 2009

26/01/09

A MINHA CLASE. Hoxe si que pasaron un mundo de cousas. Vamos pouco a pouco. Foi o meu primeiro dia de clase. Non habia ningunha das persoas que fixeran o exame comigo. Ainda que vos contei que habia 9 niveis as clases se dividen en dous: avanzado e principiante. Estou no avanzado, pero con xente que fala ingles case perfecto. Voume ter que esforzar moito. Estou entre os que peor falan.
A minha profe e Molly McGrath. Lembrades aquela profe de literatura e lingua que se desvivia polas preposicions e pensaba que o obxeto directo era a cousa mais marabillosa do mundo? Pois esta e igual pero en yanqui. Imaxinadevola como a superabuela da gramatica inglesa que me axuda co meu ingles: just lovely.
O resto da clase: unha francesa (un pouco conhazo parece), unha brasileira, unha italiana, unha koreana, unha xaponesa, un italiano, un brasileiro e un vietnamita (joder, parece un chiste).



A onde van os patos de Central Park cando se conxela o lago?

En fin... no mesmo plan ca min so estan os italianos, o resto ou traballa ali, ou esta coa familia vivindo,... e todos artistas, que se fotografos, que se musicos,... Eu por suposto, artista tamen.
A clase non estivo mal, ten pinta de que vai a estar ben. Forzan-nos a falar moito entre nos asi que tenho que espabilar.
Creo que ponherei a caldo a varios dos meus companheiros aqui.

COMO? FIN DE ANO? Pois si, fin de ano,...pero chino. Hoxe e o fin de ano chino, e como non, se celebra en Chinatown. Vamos para ala.
Chinatown se chama chinatown porque esta petada de chinos, a saber, tropecientos mil chinos atiborran aquelo. Ou son moitos, ou se moven a toda hostia. Todos parecen iguales e aquelo esta petado. Pero petado. Creo que non caben mais.
A festa do fin de ano chino semellase ao noso entroido: todo o mundo pola rua de cachondeo tirando papeluchos e confeti. Lanzan os papeluchos cuns botes e saen disparados cara ao aire (os flamin lips tenhen que comprar os seus botes aqui seguro). Imaxinadevos a centos de chinos tirando papeluchos: aquelo estaba totalmente cheo. Creo que non cabiamos mais. E claro, todo o mundo cunha camara de fotos.
A celebracion consiste en que uns dragons van desexandolle boa sorte a todos os locais da zona (como hai poucos a cousa dura 20.000 horas, claro). Os dragons soen ir 2 ou 3 a vez, bailan diante da porta de cada local unha danza ritual: tenhen que atrapar unha leituga ou repolo que ten colgadas unhas tarxetas de boa sorte ao ritmo de tambores.



Dragons comendo repolo

E moi chamativo, porque os disfraces dos dragons estan feitos de cores moi intensas, ao igual que todo o barrio: bermellos e dourados, amarelos e azuis,...
En certo momento lanzan uns cachos de tela que son simbolo de boa sorte (estes chinos o flipan co da boa sorte). Quedan suspendidos no aire, como se tiveran un paracaidas e a xente os persegue entre a multitude intentando atrapar un pedacinho. Pois ben, eu ia tan tranquilo por un ladinho cando me caeu un nas mans, Levoo de recordo. Good luck this year!
Despois fun a Little Italy, que esta pegada a Chinatown. Bueno, ao lado,...ummm o de little Italy creo que pasou a mellor vida. Na actualidade esta practicamente absorvida por Chinatown. Permanecen alguns establecementos ao longo das ruas que no seu dia deberon ser as mais importantes. Xa sabedes, sobre todo pizzerias. Tomei a minha primeira pizza neoyorquina. Estan deliciosas. En serio. Non se poden comparar as que comemos ali,... aqui..., vamos na casa.
Volvin ao Soho (quedaba moi cerca) pero con intencion de comprarme unha chupa de abrigo, pero ah! cousas da moda, estamos en primaveira, e todo o que molaba era de entretempo. Outra vez sera.
Son as 6. Vai moito frio. Volvo a casa.
Bicos.

5 comentarios:

  1. Tú en casa una NY Saturday Night? Si que ten que facer frío, meu...

    Las fotos que subes no hacen justicia a tus historias. Hazte un Flickr Gon!! Queremos verlas todas, incluso en las que no sales guapo.
    Biquiños

    ResponderEliminar
  2. mola, síntome coma nos fraguel .. esperando a carta do tío matt o viaxeiro

    segue, segue ...!

    ResponderEliminar
  3. Hola, me enteré que estabas por ahí y encontré el blog. Es muy divertido.

    ResponderEliminar
  4. Hola chicos, pois nada, estade atentos que eu seguirei escribindo. Nos proximos capitulos: un novo famoso ao meu lado, unha detencion en Lower Manhattan e unha molladura como un mundo.
    Kisses and hugs.
    Ah, Paula, como sexa verdade que casas e me entere polo facebook....

    ResponderEliminar
  5. sigue contandoooo, el colorido se transmite aunque falten fotos, bicos

    ResponderEliminar