martes, 3 de febrero de 2009

30/01/09

Terceiro dia de clase. A cousa comeza a animarse. Pouco a pouco vou perdendo a vergonza e a atopar recursos para falar en ingles, asi que comezamos a falar entre nos. Asi e como ten que ser. Estou contento, nun mes creo que poderei falar de seguido.
Ao rematar a clase fun comer con Adelmo, o estudiante brasileiro. Vive aqui co seu mozo. E fotografo. Fala sen parar asi que me gusta porque me forza a falar e a escoitar.
Visitamos o Village, o west village. E precioso, moi acolledor. Para que vos fagades unha idea e onde vive Carrie Bradshow: casa de 3 ou 4 pisos, ao estilo ingles, con ladrillos roxizos e as ventanas verdes. Os escaparates das tendas en madeira azul oscura, verde ou branco. Moi tranquilo e so a 5 minutos de Times Square. Cidade de contrastes NY.
Si, moi pijo o Village.


Diante da casa de Carrie

Aqui esta Grove St. Onde estaba o apartamento de Friends. Podese vivir en Ny e no Grove a vez? Si.
Senteime a escribir esto nunha cafeteria preciosa que fai esquina entre Bleecker St e Grove St. Moi europea, afrancesada, con toldo fora, barra de madeira negra e repisa branca, mil pedazos de tartas distintas, cafes e chocolates. Tomo un chocolate e escribo.


Grove St

Esta cidade e inabarcable. Da igual o moito que caminhes, que busques,... sempre hai algo mais, sempre falta algo por ver,...
Son as 15:30 e quedei con Elvira as 18:30 en Union Square.
Elvira e do Grove e vive aqui. Seguro que esta ben.


O Empire State dende o Village

Atopeime con Elvira e o seu mozo en Barnles & Nobles, unha libreria tipo A Casa do Libro, que na parte superior ten un Starbucks. Ali nos vemos. Non poden ser mais encantadores. Me levan ao Village a tomar unha hamburguesa. Invitaronme a unha festa manha. Estou encantado.
Vai frio, volvo a casa. Cando mellore o tempo non vai a haber quen me quite da rua. Xurovolo.
Bicos.

1 comentario:

  1. como estamos disfrutando, sentimos hata os teus pasos por N.Y. unha cidade que xa está nas nosas vidas, bicos

    ResponderEliminar