sábado, 24 de enero de 2009

23/01/09

Times Square. Hoxe levanteime con animo de turista. Fun directo a Times Square. O frio doume unha tregua e en vez de conxelar ata os huevos hoxe so fai un frio de carallo. Bo comezo do dia.
Times Square e o equivalente a porta so Sol de Madrid. Pero “a lo bestia”. Esta cheo de neons e anuncios enormes que inundan fachadas de todolos edificios. Estan tamen os anuncios dos musicais de broadway (que pasa por Times Square), e hai turistas por todolos recunhos. Invadeume unha febre tira fotos e non parei de apuntar en media hora.


Times Square

Fun ao MOMA, pero non entrei. Deixoo para mais adiante. Fixome gracia que na porta habia postos ambulantes onde vendian guions das pelis emblematicas de Hollywood: en folios fotocopiados, sen encuadernar, totalmente caseiro.
Subin ata o “Carnegie Hall”, o sitio mitico de concertos (mais de clasico que de rock, pero “The National” tocan en marzo asi que me pasarei a velos).
Volvin a Broadway e caminhei ata Central Park. Esta totalmente cuberto pola neve asi que o picnic tera que esperar. Fun ver o “Strawbwrry Fields”, o pedacinho de parque adicado a Lennon, e vin o Dakota Apartment, onde se filmou “La semilla del Diablo” de Polanski e onde se cargaron a Lennon. Habia xente homenaxeando ao beatle depositando flores e o que suponho serian poemas ou cartas.
Crucei de novo Central Park cara a 5 Av, e estou escribindo esto xa na escola. Tenhjo que recoller o resultado do exame.
Os niveis de ingles van do 1 ao 9, sendo o un o mais baixo. Estou no 7. Creo que deberia estar no 8. Me dixeron que se o necesito me cambian. Ben.


Times Square 2

Brooklyn. Sain da escola e quedei con Amylu en vernos as 9 en Brooklyn. Quero ir antes a inspeccionar a zona, non quero chegar ali con mapa e cara de pringado.

Broklyn non e Manhattan. Notase que e moito mais pobre, pero esta cheo de xente xoven. Respirase un ambiente xenuinamente underground. E o NY que quero vivir. O que non sae nas guias.
Volverei a casa a cear e volerei a Brooklyn. Esta vez a vivir a noite.

Indie en Brooklyn. Quedei con Amylu nun restaurante de Brooklyn chamado SEA para cear Thai (comida thailandesa). Cheguei un pouquinho cedo para dar unha volta pola zona e vela de noite. E coma Malasanha pero en NY, e dicer, a lo bestia: xente de todos os estilos e cores, xente xoven por todos lados, todo cheo de bares, pubs, discos, … Pola rua hai postos ambulantes de vinilos e libros, tendas de roupa de xovenes disenhadores,…
Encantame.
Amylu e encantadora. Pensei que era mexicana, pero non, e americana, o pai e espanhol e sabe un pouco do idioma, pero non moito, asi que tiven que falar en ingles toda a noite (ben!). Quedamos tamen cunha amiga dela para cear, Maria, que a pesar do nome e Americana. Maria e publicista de bandas indies aqui, e Amylu DJ e booker (como promotora de concertos). Aqui todo o mundo ten traballos nese plan, que tenhen que ver coa arte, a musica,… coa cultura. A xente ten 8 grupos, cada un dun estilo diferente: noise, garage, shoegazer, electronica,… todo se fusiona. Todo e arte. E incrible.
Ceamos no restaurante tailandes ao lado dunha pequena fonte con house soando de fondo. De puta madre, pero non vos imaxinades o esforzo para entender as conversacions. Falamos da vida en Espanha, da vida en NY. Vamos, que me eche el rollo. Xenial.
Ao rematar fumos a un concerto nun loft ilegal (aqui e normal, colles un loft, que e a tua casa tamen, e montas un garito para pagar o alquiler, se non te pasas non hai problema coa policia). Tocaban pous grupos: o primeiro un grupo braileiro tipo “Os mutantes” pero en version mais funky-psicodelica”, se chamaban as GArotas Suecas. Encantoume, moito ritmo e moi divertido.
O sitio como vos dixen, era un loft feito polvo, cun escenario diante e unha barra con birra e uns sofas ao fondo.Xente de todo tipo dentro. Petado. Moi punki e moi cool.
Despois do grupo brasileiro outro de Brooklyn, “Love triangle”, unha mistura de The Ex e B-52’s, cool-punki-retro-garage-noise. Tres tios e tres tias, 2 cantantes e unha baixista: tacaonazo e vestido mini. Namorado estou.
Despois nos retiramos a casa, manha toca festa.
Irei falandovos deste ambiente underground, de como sinten e viven a musica por aqui: non important os medios nin as formas, non importa o estilo. Tes algo que dicer? Eres bo? Sintelo con toda a tua alma? Noraboa, es un artista neoyorquino.
Manha de compras polo Soho e de festa polo Village.
Boas noites.

Central Park cuberto de neve

Bicos a todos.

12 comentarios:

  1. I love NY!!!!. Aqui lluvia-viento, viento-lluvia ....(no te pierdes nada).

    Seguiremos muy atentos a todas tus historias...
    vas a ir al Soho ...que wayyyyyyy!!!.
    Un bico ENORME!.

    ResponderEliminar
  2. unha foto diante do MOMA porfaaaaa

    ResponderEliminar
  3. Me gusta lo que escribes, que envidia, man!
    Montxo.

    ResponderEliminar
  4. que guai bro! estoume imaxinando o loft... mola, eu xa mandei as miñas primeiras reels ó extranxeiro, unha a singapore e outra, a outro sitio deses de artisteo que che molan... San Francisco!!!!!!

    kisses and hugs!

    ResponderEliminar
  5. Joder Gon, qué bien! Esta mañana al leer tu blog me teletransporté a New York, creo que hasta sentí el frio! Y por lo que veo aquí no fui la única: Dani, Montxo… todos te imaginamos descubriendo la Gran Ciudad con tu nuevo gorro de orejeras (igualito que Holden Caulfield!!!!)
    Me alegro de que la primera toma de contacto haya sido tan espectacular.
    Un beso fuerte.

    ResponderEliminar
  6. Co que estou a ler ... case me animo a dar unha voltiña por eses lares ... e meterme nun deses lofts con-concerto-e-todo ¡esas si que son historias!
    Dende logo, ten que ser alucinante a mistura de xentes e de ambientes.
    Aproveita, desfruta moooito, e conta, conta.

    ResponderEliminar
  7. Alegrome de qiue vos guste o blog. Eso dame forzas para mellorar a minha prosa e esforzaeme nas descripcions (como fai uncle joseph, que desto sabe moito). Frida, esta semana vou ao MOMA. Hoxe preimeiro dia de clase. Moi ben, manha volo contarei no blog se podo. Tedes que saber que estou en internet nas tendas de apple, que e gratis. Agora na do Soho.
    Bicos, i miss u guys!

    ResponderEliminar
  8. ya estuve escuchando a las garotas suecas y a los golden triangle ;-p

    por favor sigue visitando las apple center a diario ... me mola como nos cuentas las cosas

    abrazo

    ResponderEliminar
  9. xa me estou vendo eu nese loft con duas botellas de licor café,ivalle dar o de gadis pa tres anunsios...

    ResponderEliminar
  10. O tío Raimon emocionouse un pouquiño cando leu as túas historias. Parte del segue a percorrer as rúas desa indescifrable cidade.
    Que che dixen do frío? Coidado con sair da casa co pelo húmido...a sorpresa pode ser desagradable. E que tal coa estática...a que mooola!!!ja,ja,ja

    ResponderEliminar
  11. Eres un FRAGUEL!!!!!!...jaja...me encanta! si no te has llevado "Musica para camaleoones" permiteme qyue te lo haga llegar (manda dirección postal)...contando los primeros momentos con tu "madre" americana me has recordado a uno de esos relatos de Capote...a partir de ahora me llamaré Harper Lee.
    Sigue disfrutando y fijate en una cosa, fíjaqte en aquello que no se te hace familiar...es muy dificil porque esa ciudad la hemosw mamado desde crios, pero por eso mismo fue lo mas excitante para mi, ¿que es lo que me extraña, que hay que no reconozca?..te doy una pista: una de las cosas son los olores, a ver, dime tú ¿a que huele Manhattan??...exacto, a carritos de comida.., hasta ahora ha sido agradable pero en 10 dias te iras a Coney Island a oler el atlántico...jajaj...ahora busca tu, ¿que no reconoces?...Beso enorme!
    (Ah! y muy bien por las tiendas apple, la de la 5ª está abierta 24h, no lo olvides te puede sacar de algun apuro, es la catedral de la red mundial!)

    ResponderEliminar