martes, 27 de enero de 2009

24/01/09

24/01/09
O FRIO
. O peor dia sen dubida de frio. Realmente non e o frio o peor, e o aire glacial que sopra. Imaxinadevos centos de diminutos alfileres cravandose-vos na punta dos dedos. Pois ben, asi de frio era o ambiente hoxe.

O Radio City Music Hall

O SOHO. Sain a tarde a pasear polo Soho. Hai centos de tendas nas que quixeras comprar polo menos 20 cousas. Volveste tolo. Nun arranque de sentidinho, non moi normal en min, decidin so mirar, xa terei tempo de comprar, pero xurovos que e dificil conterse.
Gustame moito o barrio. De momento e o que me parece mais acolledor: o ambiente e moi agradable e con vida, igual que en todo NY, as casas son de de 3 ou 4 pisos, coas escaleiras anti-incendios por diante, e esas entradas cunha pequena escaleira de 4 ou 5 escalons. Gustanme sobre todo as que estan pintadas de azul oscuro e de bermello-granate. Algun dia adicarei o blog a arquitectura da cidade. E moi interesante.


En Times Square.

O INDIE QUE SE RENDEU AO FRIO
.
Pola noite ia ir a festa indie no Fontanas, no East Village. E digo ia porque finalmente non fun. Cometin un erro de principiante neoyorquino: chegeui ao sitio unha hora antes, xa morto de frio, despois de pasar toda a tarde polo Soho. Comecei a caminhar, tomei cafe, pero o frio se me agarrou ao corpo moi forte. Decidin voltar a casa. So pensaba nunha cama quentinha.
Habera mais dias. Ainda que me da un pouco de pena. Non escribirei mais hoxe. Marcho un pouco decepcionado para cama. Joder, tenho que ser mais listo co frio.

7 comentarios:

  1. xa sabes bro, o frío sempre esta con nos.
    bicos.

    ResponderEliminar
  2. Xa sabes o que di Mr. Cohen: "New York is cold but I ..."
    E despois sigue ...
    (Ai, como me anda a cabeciña, esta memoria!). Ben, creo que sigue algo así como: "but I'll get thorough the cold and I'll get thorough the city ...".
    Por supooosto. Alguén o dubidaba?
    Desfruta da cidade, das festas e de todo iso.

    (Mañá collo o avión, de mañá non pasa, e voume a unha festiña-loft desas que tedes por aí, in-the-city-that-never-sleeps).

    ResponderEliminar
  3. Esto se esta poniendo interesante ....
    Quiero una radiografía completa de soho!!!!!!!!

    Moitos bicos

    Dicen que hay unas bolitas que se llevan en los bolsillos para el frío, están calientes.Si no las encuentras, es que no existen.

    ResponderEliminar
  4. Ola G!!!!!
    Cando era pequena regaláronme un libro precioso. Chámase "Así vivimos en Nueva York",(título orixinal "This is how we live in New York") de Hanne Tierney (aínda o teño, nunha edición setenteira preciosa). É narrado por unha nena que, entre outras cousas, vai navegar barquiños de madeira no Central Park, visita o Museo de Historia Natural có cole, vive unha campaña electoral para o Mayor chea de pegatinas e pins, sofre un grande apagón e ten que durmir con abrigo... (casi coma ti ;-) Debino de ler un millón de veces. Así que estás, para a miña enorme envexa, nun dos territorios da miña infancia, que, ademáis de mundos reais estaba moi poboada de mundos literarios. Non faltan libros sobre/en/con/de/desde/para Nova Iorque así que aproveita para ler en English algún deles (se é que che dá o tempo!!!). O meu favorito de tódolos tempos é Manhattan Transfer, todo un clásico da modernidade: retrata a cidade de hai perto de cen anos e ainda se "nota" vivo.
    En serio, pásao moi ben e continúa a facer fotos. Seguirei a mirar qué andas facendo.Espero a túa crónica sobre a arquitectura neoiorquina.
    Bicos!!!
    La

    ResponderEliminar
  5. Por certo, espero que te deras conta de que son Laura (Caneda Fuentes)!!!!!!!!!!!!!!!!

    ResponderEliminar
  6. Gon, eu tampouco me levei moi ben co frío. O mellor é que intentes ir a tiro fixo. O de pasear toda unha tarde é para os que vivimos aquí. No inverno polo frío e no vran pola calor!!! Gustaríame saber que tal te levas coa estática. Aínda hoxe golpeo a chapa dos coches antes de saír deles.
    O tío Raimon di que os tenis son os mellores zapatos para aillarte do condenado frío e que uns guantes de algodón/lana debaixo dos de pel son o tal para librarte dese demo.
    Na fotografía de Times Square tes unha cara de verdadeiro susto coma se ese frío do que falas te estivera mirando á cara. Peléxate con el ti es máis listo!!! non si?

    ResponderEliminar
  7. Se te congelan las palabras....?

    ResponderEliminar