sábado, 31 de enero de 2009

28/01/09

IT's Rainning AGAIN
Hoxe non vai frio. Todo esta nevado e comeza a chover. Diluvia. Cando digo que non vai frio me refiro a que estamos a -1 ou 0 graos.

Novo dia de clase, onde discutimos sobre a editorial do NY Times sobre Obama. Nada especial pero quero aproveitar para contarvos como se vive aqui a chegada de Obama ao poder. Non sei no resto de USA pero en NY, Obama e Barack Skywalker e acaba de liberar ao mundo da tirania do escuro e malvado Darth Bush. A rua esta chea de tenderetes con camisetas, cuncas, chapas, gorros,... coa cara de Obama, o "Yes we can" e o "Yes we did". Sinten que van recuperar a boa imaxe que nunca deberon perder ante o resto do mundo. Gustariame recordarlles a Kissinger e a politica exterior americana nos ultimos 50 anos, o apoio a grupos fascistas en latinoamerica, a implicacion en centos de asesinatos politicos,... E que eso, non lles vai as ser moi facil de cambiar. But you know,... stranger in a strange land, so I shut up.





Tipica alcantarilla da que sae unha fumarrada

Como chovia tanto decidin voltar a casa. Pola noite ia ir ao concerto duns que conhecin por internet: madre del amor hermoso! Que malos eran! Que pinta de pringados!... vamos que me sentei por ali, me tomei unha birra e botei a correr. Definitivamente este non e o NY que quero ver. Bastante mediocridade hai xa no mundo.




A choiva en NY

Boas noites meus amigos, rebeladevos contra a mediocridade que vos rodea! Que as vosas vidas sexan excepcionais!

No hay comentarios:

Publicar un comentario