sábado, 24 de enero de 2009

20-01-09

Primeiras letras. Obama sera proclamado presidente hoxe. O mesmo dia que eu chego a NY. Escala en Filadelfia (por aforrar uns euros, tocate os huevos). Ata o momento viaxe tranquilo. Estou a 2 horas de chegar a USA. Morro coa fame.
Filadelfia. Deronme un bocata no avion. Xa estou esperando o voo que me leva a NY. O aeroporto de Filadelfia: perfecto. Moi rapido e sinxelo, non tiven ningun problema nin na aduana nin en inmigracion. Penso que a xente esaxera moito con esto. Primeiras diferencias: as cores, os olores e a xente. Vou dar unha volta… ata os h… de estar sentado.

Aeoroporto de Filadelfia


Voo a NY. O voo a NY vai ser nun avion pequeno, dos que voan baixo, unhas 50 prazas, practicamente unha avioneta. Unha pena que se estea facendo de noite e non poda ver ben NY,… ou non, quizais coas luces a cidade sexa mais maxestuosa. Xa vos contarei.

Levo sen fumar 17 horas. Aqui son as 5 da tarde, ala as 12.

Debo parecer un autentico imbecil, mirando para todos os lados. Escudrinhando todo. Estou convencido de que alguen se ofendera e me partira a cara.

Fai frio, acabo de sentilo porprimeira vez subindo ao avion a NY. Pero e coma un frio de montanha. Glacial. Seco. Levareime ben con el. Firmaremos un armisticio.
Ainda non cheguei e penso continuamente en Bono. En como falaba de America no Rattle and Hum. Non me extranha. O mais grandioso e o mais miserable xuntos da man. Son cousas que normalmente non se poden separar. Cando leve mais dias falareivos da forma de vestir dos americanos. Quero ver como se modifican as minhas impresions a este respecto. E tamen das mulleres. Algo me di que me acabaran fascinando.

Non vos imaxinades o precioso que esta a resultar o voo. O avion voa moi baixo e vese perfectamente as luces dos coches e das casas das aforas de Filadelfia. Quilometros e quilometros de casas perfectas, simetricas, co seu porche e o seu xardin. Esta lixeiramente nevado.
A chegada a NY promete.

NY desde o aire

Son as 4 da manha. Levo 24 hortas sen durmir. Fixen 19 horas de viaxe. Estou morto e voume deitar. Antes quixera falarvos da minha chegada a NY. Non podia ser mais preciosa e sobrecolledora. Todo iluminado. Ardendo cara o ceo. O skyline encendido para min. A cidade centelleando me saudaba: Ola NY. Xa estou aqui.
Boas noites a todos vos.

2 comentarios:

  1. que ideal! non cambiaron moito os vuelos despois de tantos años,sabes que fixen o mesmo traiecto pero de dia, tamen me impresionou ver a gran cidade tan cerca, alegróme que a disfrutes desde dentro.

    ResponderEliminar
  2. Las luces, Gonzalo, pocas veces volveras a ver las luces de NY de noche y desde el avión. Yo las vi cuando marchaba y sabes que?...aquello me pareció un joyerito, como una cajita pequeña hecha de cristales de colores...precioso!

    ResponderEliminar