sábado, 31 de enero de 2009

27/01/09

UN MUSEO. Volveron baixar as temperaturas. Decidin que hoxe seria un dia de museos: O Guggenheim.
Escribo esto desde a cafeteria do museo. Gustame o edificio, sobre todo a estructura interior, que e coma unha galeria helicoidal arredor dunha boveda que permite ir subindo a traves de anchos pasillos onde se atopan os cadros das exposicions itinerarias. En cada nivel hai unha galeria (entre elas unha adicada a Kandinsky). A itineraria era sobre a influencia da escritora asiatica na pintura americana. Non estivo mal, pero non me sorprendeu demasiado.




O Guggenheim


En cada galeria hai unhas zonas de descanso, que fan esquina e desde onde se ven unhas vistas de Central Park incribles. Pasei un bo cacho ali sentado.
A coleccion permanente do museo decepcionoume un pouco. Ademais estaba en obras e tinha 2 pisos pechados. Habia unha performance que consistia en 20 micros a puntando a dous bloques de xeo e asi escoitar como se derreten (metafora do efimero?, vai ti a saber). Observando un Pollock, miro a meu lado e vexo a un tipo sumaente guapo. Pego un respingo e decatome que e Jude Law, cos seus fillos. Si chicas, guapisimo (agora que me lembro creo que esta rodando aqui, en Brooklyn, a nova adaptacion de Sherlock Holmes).



A lagoa conxelada


Decidin voltar cara a 5 Av. caminhando por Central Park. Un pouquinho mais abaixo do Guggenheim esta a lagoa mais grnade do parque. Lembreime de cando Holden Caulfield lle preguntaba aos taxistas se sabian a onde ian os parrulos do lago cando este se conxelaba. Ninguen o sabia. Eu tampouco.

2 comentarios:

  1. donde van os parrulos sería unha voa pregunta para o piloto da Pan, non? seguro que polo menos saberá cara a donde van os que se estrelan contra as aeronaves

    ResponderEliminar
  2. que te hagan una foto porfaaa, eres mucho más guapoooo

    ResponderEliminar