martes, 24 de febrero de 2009

13/2/09

Despois de clase fun caminhando ata o lugar do desfile. Era en Chelsea, nun centro de arte chamado o "Eyebeam", moi preto dos muelles do Hudson River. Maxi dixome que estivera ali sobre as 14:30, asi que ali estaba puntual, despois de comer uns slices de pizza.


Os preparativos do desfile


Estaban ultimando todo, e ali sentados agardando, estaba eu no medio dunha chea de aprendices de disenho que querian axudar a vestir as modelos.
Puxenme a falar con 2 rapazas e tireime o rollo e inviteinas ao after show da noite. En fin...


Un momento do catwalk

As modelos son altas. Ultra skinny. Quitalles encanto. Son tan asexuais que se me antollan elementos decorativos. Perfecto para ver. Non despertan desexo. Eles iguais, moi perfectos, moi guapos. Todos parecen enfermos. tipo: este o que necesita e un prato de caldo... Suponho que o desenhador queria este tipo de modelos rollo yonqui anorexico.
Pasada unha hora comezou a chegar a xente famosa e a posar no photo-call. Miguel Bose, Paloma Cuevas, a de TOUS, creo que a de Dover, Michael Stipe,... e mogollon de xente da que me sonaba a cara pero que non sei quen son.
Facia moita gracia porque despetaban certo revuelo entre os medios espanhois, mentras que o staff americano se encollia de hombros e se preguntaba quen carallo era aquela xente.


De festa

O desfile estivo ben. Algunhas prendas me gustaron mais que outras. Como sempre, menos es mas, e o mais simple foi o que mais me gustou. Tinha unha parte de estilo torero moderno que me horripilou.
En fin,...non quero extenderme, deixovos un link con fotos do desfile por si sentides curiosidade.
Ao rematar todo o follon, Mo, Maxi e mais eu fumos a comer algo e a esperar a Dario. Non quero saber o numero de birras que nos metemos entre peito e espalda para cando chegou Dario.
Imaxinadevos a escena cando chegamos a festa. Eran as 10 da noite, a medida que entrabamos e nos cruzabamos con xente, Maxi nos presentaba.
Por detrasd e min pasa Michael Stipe, enfrente Miguel Bose,... a xente vestida coo en fin de ano, de traxe longo e moderno. A xente comexaba a ateigar o salon, os arredores da piscina (non vos dixen que a festa era no salon con piscina do hotel de Maxi). Imaxinadevos o postureo. Barra libre.
A medida que o alcool baixaba e as horas pasaban aquelo colleu forza.
O grupo de Bimba Bose (The Cabriolets) puxose a tocar ao lado da piscina. Despois Dj's.
En fin,... non vos conto moito mais, que poden ler estos nenos e padres. Si, acabei na piscina, si, ao rematar a festa funme a outra, e si, o sol estaba alto cando cheguei a casa.
A medida que caminhaba a casa e observaba os meus pasos, sonreia e me repetia: manda carallo, ata en NY!

2 comentarios: