jueves, 19 de febrero de 2009

6-2-09

Despois de clase fun visitar as Nacions Unidas. Lolita, unha amiga de Mauricia e Joselito traballa ali, asi que ali fomos Mauricia, Rosita e Paco, o home de Lolita e tamen do grove. O edificio das Nacions Unidas e chan internacional, non e USA. E un esbelto edificio a beira do East River. Todos o conhecedes polas peliculas (lembradevos de "Con la muerte en los talones") O edificio sufre o paso do tempo, esta un pouco feito polvo por dentro. Suponho que tenhen cousas mais importantes nas que gastar os cartos en NU.

Consello de Seguridade?

O bo foi ca ruta que nos deu Lolita foi para non-turistas, polo que puidemos ver cousas (como o Consello de Seguridade)que non estan abertas ao publico. Tirmaos fotos desde o estrado onde falan os presidentes, que esta pechado ao publico. Lolita volcouse como boa anfitriona e o paseo resultou moi acolledor e interesante. Mencion especial a comida a que nos invitou no restaurante. Situado na parte mais alta do edificio, as vistas ao East River, Queens e Brooklyn eran preciosas.
Finalmente fixemos un tour guiado para turistas.


Lolita, Rosita e Mauricia no estrado

Moito lles queda por traballar na UN. Quizais tamen a cada un de nos.
Sain a galope cara o outro extremo da rua 42, onde tinha que coller o bus que me levaba a Baltimore. Ia ver a Marta, gran amiga de pequenas batallas nocturnas, risas e conversas.


Brooklyn desde UN


Marta esta en Baltimore empapandose de sabiduria yanqui. Convirtindose nuha das mais importantes investigadoras de Espanha.
A viaxe a Baltimore foi un pouco Odisea. O skyline de Manhatta, de novo iluminado, quedaba atras de min, e eu comprobaba por vez primeira a dureza das clases populares nun pais obsesionado pola riqueza material. Negros e hispanos me acompanhaban na viaxe. O deprimente das estacions de autobus: alcohol e miseria.
O conductor era a primeira vez que ciaxaba a Baltimore e ao chegar a cidade perdeuse, pediu que alguen lle indicara o caminho, e despoips de media hora un tipo detras de min dignouse a informalo. Total, case unha hora tarde.
por certo, o autobus era un "greyhound", o Monbus americano.
Facia polo menos 2 anos que non via a Marta. Despois dunha longa aperta subimonos no seu coche de marhcas (debe ser o unico en USA) e conduixemos ata o seu flamante piso, cunha das mellores vistas de Baltimore posibles.
Falamos da vida e do futuro. Bebemos cervexa. Manha iremos a Washington.
Boas noites meus amigos.

1 comentario:

  1. hostia tio que buena la foto tuya con los señores en la onu,parece la foto de familia que recupera al hijo secuestrado por las farc...je je je
    Para cuándo un capitulo de arquitectura femenina contemporanea americana?
    Esperamos noticias...

    ResponderEliminar