jueves, 5 de febrero de 2009

02/02/09

Novo dia de clase. Fun comer con Adelmo e coas duas estudiantes xaponesas. Son moi divertidas, falan moi mal ingles e xesticulan moi brusco. Se impresionan por todo. As duas viven cos homes aqui, que se pasan o dia traballando e elas estan moi soas. Levareinas de ruta por aqui de cando en vez.


Brooklyn Heights

Hai moita xente soa nesta cidade. Xente que non conhece a ninguen, sen amigos. Non o percibia os primeiros dias pero agora que me fixo en novos detalles doume conta. Todas as cidades son duras para estar so, pero quizais esta o sexa un pouco mais.


Despois de deixalos decidin ir a Brooklyn Heights que e a parte de Brooklyn en fronte do Lower Manhattan. Esta xusto cruzando a ponte de Brooklyn.


O Lower Manhattan desde Brooklyn

As vistas on impresionantes. E moi romantico. Crucei a ponte endando e agora estou ecribindo esto sentado nun banco do parque. O Lower Manhattan esta ante min se levanto a vista do papel.



Cold kisses from NY.

No hay comentarios:

Publicar un comentario