martes, 24 de febrero de 2009

12/2/09


Fun as oficinas onde traballa Elvira. Unhas oficinas no alto dun ranhaceos, con vistas impresionantes, pola rua 23, mais ou menos.
Presentoume aos seus xefes e aos seus companheiros de traballo.
Elvira exerceu de fan de nadadora e puxolles a todos o video de "El Bosque" mentras eu intentaba disimular o roxo que ainda me ponho con estas cousas.
Fumos comer cerca dali.
Esta noite tenho duas festas, unha de Spanish Indie Pop e outra de despedida de Mo e Dario, cos seus amigos neoyorquinos. As 2 a mesma hora, asi que tiven que elexir e me decidin pola despedida.
Fomos a xogar aos bolos, a unha desas tipicas boleras yanquis xigantes. Entrabas a un enorme salon que a cada lado tinha unhas 10 ou 12 ruas para os lanzamentos. Como no "Gran Lebowski", cos zapatos de bolos, marcador electronico, eleccion de bola segun o tamanho dos teus dedos, ...


A ver se lle dou a algun bolo.

Servironnos de comer alinhas de polo picantes e bebimos cervexa. Fixen un strike.
Estabamos Maxi, Dario, Mo, uns amigos de Dario e Mo e mais eu.
Foi divertido.


La pandi


Despois ao East Village a tomar unhas copas e a casa.
Manha e o desfile de David Delfin.
Let's see.

1 comentario: