martes, 17 de mayo de 2011

México D.F. (I)

14/5/2011
A forma máis sinxela e directa de definir esta cidade asó podo atopala a través dunha expresión que se utiliza no Grove cando se quere transmitir unha sensación de fascinanción, de convencemento absoluto de que algo é sublime, e que a min sempre me gusta lembrala na boca de Rafael Besada: "meu, esto é auténtico".
Pois ben, o D.F. é auténtico.
Pero comecemos polo principio.
Tiven que facer unha espera de 4 horas no aeorporto de Lima antres de poder facturar. Rematei a miña última reunión ás 17:30 e cheguei ao aeroporto a eso das 18:00 pero non puiden facturar ata as 22:00.
unha vez facturado, o vóo levaba retraso, pero viva a clase "businness" e as salas VIP onde sirven alcool e podes fumar. Aí me quedei ata que nos chamron para o embarque.
Durmin fatal, pero puiden durmir, eso me permitiu ter forzas para enfrentarme ao meu primeiro diía no DF.
Cando comezou a manobra de aterraxe quedei sorprendido da inmensa nube de polución que cubre a cidade. En teoría debíamos estar moi preto dos edificios, deberíase poder ver algo, pero só se distinguía ao manto amarelo-cincento do "smog".
Tiven que agardar case que unha hora a que saira a equipaxe. Desde a cinta víase como pasaban os cans por riba das maletas. FInalmente saiu a maleta e puiden sair.
Recolleume o equipo de seguridad de Telefónica, tal cual nas pelis: Jeep con luas tintadas, dous guardaespaldas armados. Y olé!
A medida que nos adentrabamos na cidade eu observaba a un lado e a outro, o DF, infinito e imposible se abria ante min de forma poderosa.
O de seguridade rompeu o silencio para explicarme que estabamos a travesando o Bosque de Chapultepec, centenario pulmón da cidade onde se atopan os principais museos, o auditorio nacional,...
Relativamente preto está o meu hotel, situado no moderno barrio de Santa Fe, unha zona de luxo asentada sobre o que un día foi un basureiro. Metáfora certeira da cidade mexica.
Unha vez no hotel, ducha, mochila e saindo que hai moito que ver e pouco tempo.
Aconselláronme coller o bus turístico á porta do Auditorio Nacional, así que alá me fin. Como vos dixera, o Auditorio NAcional se atopa no centro do bosque de Chapultepec (650 Hectáreas), e unha vez alí non opuiden resistir a tentación de percorrer o bosque.
Aos lados dos camiños máis importantes do bosque se agolpan centos de postos dnos que venden caretas de loita libre, fruta, refrescos,.. e auga "electropura", así, como odisco de Yo la Tengo (obviamente comprei unha).
Era xa a unha (pasei unha longa e prácida hora) cando subin ao turibus. Por uns 8 euros fai un percorrido de 3 horas arredor do centro do DF, podes subir e baixar as veces que queiras no día, o que me veu xenial para poder facer un trazado seguro na cidade, baixar e explorar cada rúa.
Atravesamos o barrio da Condesa unha mistura mexicana do Soho e Malasaña (se eso é posible), o Paseo de la Reforma, o Ángel de la Independencia,... e así ata chegar ao Zócalo, a praza principal.
Literalmente a cidade ferve. A xente ateiga as rúas, milleiros de persoas de aqui para alá.
Decidin percorrer o centro bullicioso a través das rúas interminables.
O DF non remata nunca.
Visitei o Templo Mayor, á beira do Zócalo asentamento do Imperio Mexica derrubado por Cortés despóis da conquista da cidade. Puiden comprobar o que foi a xenialidade primitiva do que foi a grande pirámide azteca que dominou a cidade ata 1520.
Parei a comer nun típico lugar de comidas mexicano, parei onde vin a máis mexicanos menos turistas: guacamole, quesadillas e tacos.
Co bandullo ben cheo seguin camiño polo centro ata que as forzas dixeron basta. Subin de novo ao turibus, que me levaria ata o punto de partida atravesando unha cidade onde xa caia a noite.
Taxi e ao hotel.
Durme.
Durme.

1 comentario:

  1. No tomes aguas frescas. Si puedes ve a la Arena M'exico, y hazte de los t'ecnicos!!! Y si puedes cons'igueme pelis de Tin Tan!!!!!!

    ResponderEliminar