martes, 17 de mayo de 2011

México D.F. (I)

14/5/2011
A forma máis sinxela e directa de definir esta cidade asó podo atopala a través dunha expresión que se utiliza no Grove cando se quere transmitir unha sensación de fascinanción, de convencemento absoluto de que algo é sublime, e que a min sempre me gusta lembrala na boca de Rafael Besada: "meu, esto é auténtico".
Pois ben, o D.F. é auténtico.
Pero comecemos polo principio.
Tiven que facer unha espera de 4 horas no aeorporto de Lima antres de poder facturar. Rematei a miña última reunión ás 17:30 e cheguei ao aeroporto a eso das 18:00 pero non puiden facturar ata as 22:00.
unha vez facturado, o vóo levaba retraso, pero viva a clase "businness" e as salas VIP onde sirven alcool e podes fumar. Aí me quedei ata que nos chamron para o embarque.
Durmin fatal, pero puiden durmir, eso me permitiu ter forzas para enfrentarme ao meu primeiro diía no DF.
Cando comezou a manobra de aterraxe quedei sorprendido da inmensa nube de polución que cubre a cidade. En teoría debíamos estar moi preto dos edificios, deberíase poder ver algo, pero só se distinguía ao manto amarelo-cincento do "smog".
Tiven que agardar case que unha hora a que saira a equipaxe. Desde a cinta víase como pasaban os cans por riba das maletas. FInalmente saiu a maleta e puiden sair.
Recolleume o equipo de seguridad de Telefónica, tal cual nas pelis: Jeep con luas tintadas, dous guardaespaldas armados. Y olé!
A medida que nos adentrabamos na cidade eu observaba a un lado e a outro, o DF, infinito e imposible se abria ante min de forma poderosa.
O de seguridade rompeu o silencio para explicarme que estabamos a travesando o Bosque de Chapultepec, centenario pulmón da cidade onde se atopan os principais museos, o auditorio nacional,...
Relativamente preto está o meu hotel, situado no moderno barrio de Santa Fe, unha zona de luxo asentada sobre o que un día foi un basureiro. Metáfora certeira da cidade mexica.
Unha vez no hotel, ducha, mochila e saindo que hai moito que ver e pouco tempo.
Aconselláronme coller o bus turístico á porta do Auditorio Nacional, así que alá me fin. Como vos dixera, o Auditorio NAcional se atopa no centro do bosque de Chapultepec (650 Hectáreas), e unha vez alí non opuiden resistir a tentación de percorrer o bosque.
Aos lados dos camiños máis importantes do bosque se agolpan centos de postos dnos que venden caretas de loita libre, fruta, refrescos,.. e auga "electropura", así, como odisco de Yo la Tengo (obviamente comprei unha).
Era xa a unha (pasei unha longa e prácida hora) cando subin ao turibus. Por uns 8 euros fai un percorrido de 3 horas arredor do centro do DF, podes subir e baixar as veces que queiras no día, o que me veu xenial para poder facer un trazado seguro na cidade, baixar e explorar cada rúa.
Atravesamos o barrio da Condesa unha mistura mexicana do Soho e Malasaña (se eso é posible), o Paseo de la Reforma, o Ángel de la Independencia,... e así ata chegar ao Zócalo, a praza principal.
Literalmente a cidade ferve. A xente ateiga as rúas, milleiros de persoas de aqui para alá.
Decidin percorrer o centro bullicioso a través das rúas interminables.
O DF non remata nunca.
Visitei o Templo Mayor, á beira do Zócalo asentamento do Imperio Mexica derrubado por Cortés despóis da conquista da cidade. Puiden comprobar o que foi a xenialidade primitiva do que foi a grande pirámide azteca que dominou a cidade ata 1520.
Parei a comer nun típico lugar de comidas mexicano, parei onde vin a máis mexicanos menos turistas: guacamole, quesadillas e tacos.
Co bandullo ben cheo seguin camiño polo centro ata que as forzas dixeron basta. Subin de novo ao turibus, que me levaria ata o punto de partida atravesando unha cidade onde xa caia a noite.
Taxi e ao hotel.
Durme.
Durme.

viernes, 13 de mayo de 2011

Lima

Lima se extende caótica e inabarcable desde o suave fin do océano ata as desoladas ladeiras da montaña. Para min, pobre europeo falto de misterio, a vida en Lima se desenvolve sen sentido: caótica e desmesurada, movida polo azar. Mais aquí saben a onde se dirixen, o sol lles pertence e nin ti nin eu poderemos facer nada porque eso cambie.
En Lima vin a lua devalar cara abaixo, vin edificios parar de crecer que semellaban dicir: "siempre hay tiempo para crecer, no se preocupe señor".
Lima é un deserto. Aquí non chove. Aquí o sol cúbrese de pó.
Vin a Lima rica e altiva de pisco, cebiche e lomo saltado. E vin a Lima que só ten orgullo e polo á parrilla para levarse á boca.
O Pacífico ruxiu ao meu lado suave e tranquilo, e me pregunto se o carácter deste pobo non estará marcado pola serenidade deste océano.
A xente ten a amabilidade tallada nas mans e dozura bordeando cada palabra. Certamente me sinto un bárbaro: eu que tanto teño, eu que tanto anhelo. Eu que nunca estou contento. Debe ser polo sol que nunca me pertenceu nin a min nin ao meu pobo.
Nunca observara o vestixio do colonialismo tan preto: a "Plaza de Armas", a praza principal de Lima é un maravilloso e grotesco exemplo de alguén que pensou que Sevilla e Lima non estaban tan lonxe. Pero a terra sempre impón o seu carácter e te sintes maravillado da loucura dos homes.
O arrecendo do océano se filtra por todos lados. Incluso cruza imparable a través das paredes do meu hotel.
Deixo o país co ánimo de que a próxima vez que volva me apartarei de Lima para buscar a profundidade salvaxe da selva peruana.
Eu quero subir un barco a unha montaña.
Eu tamén quero conquistar o inútil.

lunes, 30 de marzo de 2009

25/03/09

Tardei en durmir. A miña cabeza en ebullición. Necesitarei bastante tempo para poñer en orden todas as ideas que florecen nestes meses. Coma sempre, centos de plans pelexan por ser levados a cabo.
O sol brilla alto. Recollo as maletas. Despídome de quen foi a miña familia aquí.
Collo o avión a Filadelfia. Bordea Manhattan polo norte. Podo observar a cidade en perpendicular. Parece unha fábula ao lado do mar. Unha construcción imposible. A moderna babel que quixera erguérse ata o ceo.
So long Manhattan.
Estou en Filadelfia. Mañá chego a casa.
Final da viaxe.
Mañá cumpro 34 anos.
Toda unha vida para envolverme nela me agarda.



New York you´re perfect, please, just don´t change a thing.

24/03/09

Saio a almorzar con Ruth. Vamos a comer cupcakes. Os cupcakes son uns doces coma madalenas, recubertos de crema. Camiñamos ata unha pastelería preto de Union Square. É de madeira decorada con xoguetes antigos, con divertidas mesas a modo de pupitres, con estanterías cheas de contos para nenos.


Despóis dun café e un cupcake de vainilla fago as últimas compras e volto a casa. Ás 3 ven Joselito a recollerme.
Ceo na casa con eles, Rosi e coas nenas, celebramos o meu cumpre.


Ás 8 decido sair a despedirme de Manhattan. Atópome con Bill Murray. Camiño sen rumbo. A cidade que agora tan ben coñezo semella desvaecerse a cada paso.
Volvo a casa. O metro sae á superficie nas 3 últimas paradas. Manhattan na distancia, parece despedirse de min. Parece susurrarme: ata pronto.

23/03/09

Novo día de sol e frío.
Camiño todo o día, compro regalos, as típicas camisetas de I Love NY,... síntome coma unha pantasma.

Volvo a casa recollo a Ruth e nos diriximos a EMI, onde traballa Declan.
EMI está en Chelsea, as oficinas cubren toda unha pranta dunha antiga praza de abastos reconvertida en centro comercial con oficinas nos pisos superiores. A reconversión está moi ben coidada, mantendo a estructura orixinal da praza.
No inmenso hall de entrada un Steinway precioso. O resto, unha estructura diáfana, con despachos para os directivos, onde teñen pianos e baterías, enormes equipos de música, salas de escoita,...



Despóis dun paseo guiado polas instalacións voltamos a casa. Paramos no "Please don´t tell", unha hamburguesería con videoconsolas dos 80. Nun lado hai unha cabina de teléfonos, entras, chamas, e se tes sorte, te deixan entrar a unha cocktelería escondida, semi clandestina.
Un bó fin do día.
Manhá será un novo día de despedidas.

22/03/09

Xa e día no East Village.
Decido camiñar por última vez polo Village e polo Soho. De camiño, cruzo Washington Square, onde me sento a escoitar a un quinteto de swing, tocando no parque, baixo un precioso sol de primavera.


Swing en WS

A xente necesita luz e sol. Todo o mundo está na rúa. É un deses días onde todo o mundo parece máis vivo e máis contento.
Pasei todo o día perdido pola cidade.
Sentome a escribir estas liñas. Estoume forzando porque non teño demasiadas gañas de escribir sobre estes últimos días.



Cóstame traballo sintetizar e expresar o que sinto.
É moi posible que a última actualización a faga xa na casa (é verdade, estouna facendo na casa).
Preto de vós.
Lonxe de aquí.

21/03/09

Érgome tarde. Paseo polo barrio. Fai sol e frío.
Como pizza.
Á tarde quedo con Javier e Elvira. Xa me despoido deles.
Ceamos nun estupendo restaurante no East Village unhas hamburguesas deliciosas.
As despedidas sempre son tristes.



Moitas gracias Elvira.
Un bico moi grande. Espero verte pronto.